A nosa Carta da Terra

Como conclusión das actividades feitas nos Obradoiros impartidos pola Fundación Lonxanet, o alumnado de 1º de ESO elaborou a súa propia Carta da Terra. Os alumnos mostran neste documento a súa sensibilidade ante os problemas de sostibilidade que actualmente ten o Planeta e comprométense a mellorar o seu modo de vida para contribuír a un mundo máis sostible.

Esta Carta foi lida ante a Corporación Municipal do Concello de Muros  no Pleno celebrado o día 30 de abril de 2009.

Achégase o texto da carta, así como varias fotos relativas as distintas actividades feitas nos obradoiros.

AdxuntoTamaño
fotos lonxanet09-1.pdf604.05 KB
fotos lonxanet09-2.pdf555.53 KB
carta da terra pleno-09.pdf302.32 KB
fotos pleno-09.pdf510.23 KB