Skip to Content

Restablecemento do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/21

Publicado no DOG o mércores 6 de maio de 2020

 

O prazo de presentación de solicitudes de admisión iniciarase o día 11 de maio ata o 18 de maio incluídos.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo ata o día 26 de maio.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño.

Reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados dende o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas ata o 26 de xuño

 

NORMAS PARA A PRESENZA NO CENTRO ESCOLAR

HORARIO de 10 a 13:30 con CITA PREVIA no teléfono 881 86 72 08

  • É recomendable o uso de máscara
  • Non poden vir nenos/as acompañando aos adultos

 



blog | by Dr. Radut