CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR [2018-19]

Publicada, no DOG do día 21 de maio de 2018, a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 22 de maio e remata o 22 de xuño.

Normas:

-Todo o alumnado da ESO deberá devolver todos os libros de texto prestados polo centro ou adquiridos con cargo ás axudas do curso 2017/18

-Na solicitude figurarán todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro para o 2018/19

* Para o Fondo: con calquera renda (asignaranse os libros que haxa por orde inversa á renda familiar; garántense 6 libros para rendas iguais ou inferiores a 5.400 € e 4 libros para rendas iguais ou inferiores a 9.000 €). 

*Para Material Escolar: renda per cápita igual ou inferior a 5.400 € (darase un vale de 50 €).

- Importante: Impreso de solicitude cuberto e asinado polo pai/nai; tamén estará asinada por todos os que corresponda nos apartados correspondentes de autorizacións. Non se aceptarán impresos corrixidos ou manipulados (en caso de equivocación, debe cubrirse un novo impreso), nin os que non estean convenientemente asinados por todos os que corresponda.

 -Se se fixo declaración da renda aplicarase a do ano 2016 (é dicir, a realizada e presentada o pasado ano 2017): súmanse as cantidades dos recadros 392 e 405., e dividir o resultado entre o número de membros da unidade familiar.

AdxuntoTamaño
20180521_fondosolidario.pdf988.33 KB
20180521_fondosolidario_extracto.pdf456.88 KB
Modelo de solicitude.pdf270.08 KB