FINAL DE CURSO 2016/2017

 

FINAL DE CURSO 2016/2017

 

Prezados/as pais/nais. Indicámoslles algunhas datas e procedementos de interese en xuño:

 En XUÑO as clases rematan o venres día 23 xuño.

 Os libros que deban ser devoltos ó Centro, entregaránse os días 20, 21. Se algún alumno/a ten materias suspensas, serán entregados os libros necesarios o mesmo día da entrega de boletíns.

 A entrega de boletíns de notas será o luns 26, ás 11 h, co titor/a (ese día xa non hai servizo de transporte escolar). Os boletíns que ás 13 h non fosen recollidos serán enviados por correo postal ós domicilios que nos teñan comunicado. O ALUMNADO CON TODAS AS MATERIAS SUPERADAS LEVARÁ O SOBRE DE MATRÍCULA PARA O PRÓXIMO CURSO.

 A revisión de exames/reclamacións será o luns 26 (de 11 a 14 h)  o martes 27 (de 10 a 14h.) e o mércores 28 (de 10 a 10:30 h).

 No caso de facer reclamación oficial e por escrito, a comunicación ó pai/nai/titor legal (ó interesado só se é maior de idade) da resolución da reclamación farase o mércores ás 11h (deberá ser recollida persoalmente na secretaría do centro).

 O prazo para presentar solicitude para recibir libros do fondo /axudas material remata o 23 de xuño.