VISITA Á MINA DE CUARZO NO PICO SACRO EN BOQUEIXÓN

Os alumnos de 2º de bacharelato do IES As Fontiñas realizaron o mércores 15 de xaneiro visita ao Pico Sacro e a mina de Serrabal.

O alumnado cursa as materias de Xeoloxía, Ciencias da Terra e do Medio Ambiente e Xeografía.

A primeira parte da visita de hora e media de duración estivo dirixida polo Xeólogo Don Fran Canosa que explicou a orixe da montaña e do filón de cuarzo que se estende 12 km.

A segunda parte, na mina, foi un percorrido polas instalacións para coñecer os diferentes tratamentos que se lle da o cuarzo e os usos deste en moitos campos.

Organizan: Dona Nuria Naverán Ruido do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e Don Rubén Losada Fernández do Departamento de Xeografía e Historia.

Data: 15 de xaneiro de 2020.

Cursos: 2º de Bacharelato A, B e C.

Álbum: Curso 19/20 -> Pico Sacro

Powered by Drupal - Design by artinet