Información de interese para as familias: "Chave365"

 

As administracións públicas ofrecen a posibilidade da presentación electrónica de solicitudes dende hai xa varios anos, e dadas as circunstancias actuais é o xeito de tramitación máis recomendado polas institucións sanitarias.

Debido a isto, ofrecémoslles información de "Chave365", un sistema que permite aos cidadáns (maiores de idade) identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

 

Funcionamento sinxelo: Coa Chave365 a persoa usuaria identifícase co seu NIF e unha clave persoal e asina electronicamente cun código, único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

 

Animamos ás nais e aos pais do alumnado a que valoren a posibilidade de solicitar a Chave365 xa que é un sistema moi fácil de usar e válido para calquera tramitación electrónica que necesiten realizar nas diferentes consellerías da Xunta de Galicia.

Concretamente no caso da Consellería de Educación poden empregalo, por exemplo, para solicitar o préstamo de libros e as axudas de material, para as axudas de actividades de verán en linguas estranxeiras, para as reservas de praza, a admisión do alumnado, etc.

 

A alta no sistema Chave365 debe solicitarse acudindo unha única vez de maneira presencial (e mostrando o DNI para acreditar a súa identidade) a algún dos órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de alta de usuarios. Clique para consultar a relación de órganos ou unidades administrativas a onde debe dirixirse para solicitala.

 

Máis información na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/chave365/que-e