Campamentos de Verán da Xunta de Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia oferta a programación de actividades da campaña "Acción de Verán" 2018.

Trátase de diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración (nos meses de xullo e agosto), en Galicia e noutras comunidades autónomas, nas que poderá participar a xuventude nada entre os anos 2000 e 2005.

 

Prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 18 de maio. http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/13968-campana-de-veran-2018

 

Máis información: nos arquivos adxuntos e mais na OMIX do Grove (Oficina Municipal de Información Xuvenil), no 2º andar do Edificio Administrativo.

(Teléfono OMIX: 886 214 933 ou omix@concellodogrove.es)

 

AdxuntoTamaño
Cartel campamentos verán.jpg799.69 KB
Campamentos_ADV.pdf1.41 MB