Teatro

O IES As Barxas na Mostra de Teatro do Morrazo

O grupo de teatro do Centro participou, como ven sendo habitual, na XIX Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. A obra que representaron foi "O xogo de Green", redactada por Isabel Cascante, que tamén forma parte do grupo de teatro. Dende aquí, felicitamos ao grupo de teatro polo traballo realizado, a Vanesa e por suposto a Isabel Cascante.

O martes 26 de maio volverán a actuar no Auditorio de Cangas. Animámosvos a asistir!!!

(Máis información sobre a XIX Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo)

 

 

 

XVIII Mostra de Teatro. Representacións

Durante os días 28, 29 e 30 de Abril DE 2014, o IES As Barxas acolleu a XVIII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo.

O luns 28 actúaron os grupos de teatro do IES As Barxas e do Colexio Eduardo Pondal. Crónica do dia:

 O martes 29 representaron os grupos de teatro do IES María Soliño e do IES Rodeira. Crónica do día:

O mércores 30 representou o grupo de teatro do IES Johan Carballeira. Todos os anos actúan ademáis dos grupos de teatro dos centros do Morrazo un grupo invitado. Este ano o grupo invitado foi 100 Tolas, de Coruña. Representou a obra: "Quéreme ben". Obra coa que tratan de denunciar os malos tratos. Despois da representación tivo lugar un foro no que o público trataba de refacer a historia para evitar o comportamento "machista" do protagonista. Aqui vos deixamos a crónica do día:

Dende aquí felicitar aos actores e actrices que participaron nas obras e aos seus profesores. Auténticos profesionales do teatro. Agradecer tamén aos profesores do noso Centro, aos alumnos e conserxes a súa colaboración. Un agradecemento especial aos profesores e alumnos de plástica, a Pilo e as alumnas que me axudaron na organización, unhas estupendas azafatas de 1º de bacharelato.

Unha instantánea do trofeo elaborado polos nosos alumnos de plástica e que se entregou na Mostra a cada un dos grupos participantes

  

 (máis sobre a Mostra)

 

Faro de Vigo. 29- 04 -2014

Inicio da XVIII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo

 

 

 

XVIII Mostra de Teatro

O noso Centro acolle durante os días 28, 29 e 30 de abril a XVIII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. Participan na Mostra o IES Johan Carballeira (Bueu), IES María Soliño (Cangas), IES Rodeira (Cangas), Colexio Eduardo Pondal (Cangas), IES As Barxas e virá como convidado o grupo "100 Tolas" de Coruña. Representaránse dúas obras diariamente ás que asistirán como público os alumnos dos Centros participantes así como alumnos do Juan XXIII (Cangas).

Os nosos alumnos de plástica fixeron un gran traballo decorando o Centro. Dende aquí agradecerlles o enorme esforzo realizado e felicitálos polo seu traballo. Tamén a eles debemos a elaboración dos trofeos que se entregarán aos grupos participantes. Agradecer tamén ao profesorado e persoal do Centro a súa colaboración e comprensión ante a situación irregular que provoca este tipo de eventos e sin os cales os alumnos non poderían haber feito este traballo.

(Ir á páxina Web da Mostra)

 

 

 

Concurso CARTEIS da XVIII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo

Ante a gran calidade dos carteis presentados ao Concurso de Carteis da XVIII Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo o Xurado tivo un difícil papel. Ao final  resultou gañador o cartel  presentado por Ana Gil Solla (2º Bacharelato do IES As Barxas) na categoría de Bacharelato.

 E na categoría de ESO, resultou gañador o presentado por Paula Del Río Rivas,

 

 

A Compañía de Teatro do Centro. "O TEATRO QUE RI"

Dende fai moitos anos a Compañía de Teatro do noso Centro ven participando na Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo.

O TEATRO QUE RI, compañía de teatro do noso Centro,  representou na XVI Mostra do Teatro de Ensino Secundario do Morrazo a obra  "A DECISIÓN". Aquí temos unhas mostras da sua actuación

(máis fotos)

E para máis instantáneas das súas actuacións e dos demáis Centros do Morrazo visita a Páxina Web da Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo.

 

 

CABARET REVOLTAIRE

<p>sent&iacute;molo, flash non est&aacute; dispo&ntilde;ible.</p>

 

 

1º ESO representando "A vendedora de mistos"

<p>sent&iacute;molo, flash non est&aacute; dispo&ntilde;ible.</p>

 

 

1º ESO representando "O doutor"

<p>sent&iacute;molo, flash non est&aacute; dispo&ntilde;ible.</p>

 

 

1º ESO representando "O principe feliz"

<p>sent&iacute;molo, flash non est&aacute; dispo&ntilde;ible.</p>

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer