Extraescolares 16-17

Extraescolares 2016-17

 

CERIMONIA DE GRADUACIÓN

DE 2º DE BACHARELATO

O pasado venres, 26 de maio, celebramos no centro a cerimonia de graduación de 2ºde bacharelato. Foi un acto cheo de emocións no que despedimos a unha promoción inolvidable.

 

PREMIOS AULA SEN FUME E  CONSUMOPOLIS

 

VISITA AO AQUAPARK

 

Despois de recibir os premios autonómicos da convocatoria Aula sen fume e Consumopolis, o 30 de xuño tocaba disfrutar do premio recibido polo alumnado de 1º ESO B en Aula sen Fume,que consistía no traslado e disfrute dun dia no Aquapark de Cerceda, viaxe ao que se incorporou parte do alumnado de 4º ESO partipante en Consumopolis.

 

Aquí están as fotos do alumnado de 1º ESO B, dos equipos UNIRIS de 1º ESO B e CONSUBROCCOLIS de 4º ESO, así como a chegada a Cerceda.

 

Noraboa a todos e todas e grazas a Pilo, Luz, Inés e Elisa polo seu traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FIN DE CURSO NAS BARXAS

 

O pasado venres 23 de xuño demos por terminado o curso académico no noso centro. Un ano máis tivemos o Festival Fin de curso, adicado este ano á música e á danza, protagonizado polo alumando de música baixo a tutela de Lidia e Seso, sin os que esto non sería posible.

 

Para ver o festival, premede no seguinte enlace: Video

 

Este ano, tamén puidemos disfrutar dunha representación teatral realizada polo alumnado de 4º ESO, dirixidos pola sua profe de Lingua Castelá, Lucía Gutíerrez.

 

 

 

TRABALLO COLABORATIVO CO CEIP CANOSA-RUS DE CARBALLO

 

 

 

Queremos desde este recuncho do IES As Barxas, agradecer ao CEIP CANOSA-RUS este agasallo e ademáis por ter escollida como finalista no seu Festival dos Soñadores a nosa curta "Magdalena".

 

 

 

 

 

 

O noso alumnado contou a sua experiencia traballando ao alumnado do CEIP CANOSA-RUS no eido audiovisual a través de Hangouts Lucía, Xabi, Sira, Noe, Isa, Nerea, Natalia, Claudia e a profesora Luz Beloso. Ensinaron e aconsellaron sobre os aspectos básicos para producir distintas obras audiovisuais.

 

 

 

Trátase de que estes coñecementos lles sirvan para seguir progresando no PDI "De espectadores a protagonistas".

 

 

A continuación deixámosvos a videoconferencia para que poidades ver toda a información transmitida. 

 

 

 

 

 

 

 VII FESTIVAL AUDIOVISUAL - IES AS BARXAS

 

O xoves, 22 de xuño, ás 17.00 horas, no Salón de Actos do centro, tivo lugar a edición número sete do Festival audiovisual, no que se proxectaron as curtametraxes e as animacións do alumnado do noso centro. Baixo o título de +Arte, as curtas do alumnado de 4º ESO están adicados a unha obra de arte. A parte adicada á animación trataba de concienciar e transformar a realidade. 

 

Video do Festival

 

 

 

Para ver o trailer do Festival, premede no seguinte enlace: Video

 

Enlace a un dos videos máis emotivos.: Video

 

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A UNIVERSIDADE

O pasado, martes 23 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, recibiron unha charla informtiva sobre o acceso á Universidade, así como as titulacions que ahí actualmente na Universidade de Vigo, dentro dos tres campus que ten, Vigo, Pontevedra e Ourense. 

 

CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

O dia 16 de maio, celebramos o dia das Letras Galegas, este ano en lembranza a Carlos Casares. este ano, tivemos a honra de disfrutar do grupo Xardin Desordenado, quenes presentaron o seu novo traballo, precisamente adicado a Carlos Casares.

EXPOSICIÓN MARUJA MALLO

 

No IES AS BARXAS temos unha exposición homenaxe á pintora Maruja Mallo  “EU SON MARUJA”. Está situada no hall do centro e permanecerá aberta ata o 31 de maio, os luns de 9:00 a 14:30 e de 16:30 a 18:10 e de martes a venres de 9:00 a 14:30.

As obras foron realizadas polo alumnado de bacharelato de Debuxo Artístico dirixido pola profesora Luz Beloso e comisariadas polo alumnado de Economía.

A mostra consta dunha serie de instalación e distintas obras artísticas (tridimensionais nalgúns casos), ao redor da GRAN MARUJA MALLO, muller e artista galega de carácter transgresor á que este ano se lle dedicou o Día das Artes Galegas. Cada obra artística utiliza o propio hall , ademais de obxectos realizados con material de reciclaxe, cartóns, ramas, redes, etc, así como animacións, arte dixital, ilustracións e realidade aumentada.

A experiencia forma parte do proxecto TRANSFORMANDO REALIDADES, premiado pola “Plataforma Proyecta Innovación”,  e que pode seguirse a través do blogue:

https://proyectotransformandorealidades.blogspot.com.es/

e na web https://luzbelos.wixsite.com/eusonmarujamallo.

Esta exposición verase completada o vindeiro luns 22 de maio, cunha conferencia a cargo de Dna  María Isabel Álvarez Irisarri, catedrática de Xeografía e Historia e experta en Maruja Mallo. O Acto terá lugar no Salón de actos do instituto ás 10.00 horas.

  

EXPOSICIÓN “TODOS OS DÍAS SON 8 DE MARZO”

 

No IES As Barxas temos unha exposición conmemorando o 8 de marzo. Trátase dunha dobre exposición do alumnado de Educación Plástica e Debuxo Artístico, comisariado polo alumnado de Economía no IES as Barxas, que inclúe dúas intervencións:

 

  1.  #Inspiradoras2017: Sumámonos á iniciativa do museo da Biblioteca Nacional de España, con motivo do Día Internacional da Muller, realizando un retrato en cincuenta minutos dunha muller inspiradora. O traballo será proxectado nunha das salas do museo, no twitter e no hall do noso centro.

     

  2.  "Ao primeiro sinal vaite " Exposición con ilustracións, animacións e realidade aumentada para loitar contra a violencia de xénero.

A exposición forma parte do proxecto TRANSFORMANDO REALIDADES, premiado pola “Plataforma Proyecta Innovación”, co obxectivo de crear e xestionar un centro de arte contemporánea no IES AS BARXAS e que pode seguirse a través do blogue:

https://proyectotransformandorealidades.blogspot.com.es/

A exposición está situada no hall do centro, durante a semana do 13 ao 17 de marzo. Estades convidados a visitala de luns a venres de 9:00 a 14.30 e o luns pola tarde, de 16:30 a 18:00.

CONCURSO DE REGUEIFAS NO MORRAZO

O IES As Barxas, foi o gañador no primeiro Certame de Regueifas do Morrazo, no que alumnos e alumnas de 2º ESO de todos os centros, competiron na final que se celebrou na mañá do dia 3 de maio no Auditorio de Cangas.

 

Os estudantes que resultaron finalistas. // F.G.S.

 

 

 

 

 

 

 

 

Despois dun mes de obradoiros e fases previas en cada un dos centros, a fase final comezou con 10 quendas de 10 alumnos cada unha. Os 20 mellores foron seleccionados para a penúltima quenda, onde se decidiu que o instituto As Barxas fose o gañador ao ser o que meteu máis alumnos entre os 20 mellores.

O xurado encargouse de seleccionar aos catro mellores regueifeiros da comarca, que se enfrontaron nunha quenda final xa sen carácter competitivo. Entre os aplausos dun público integrado polos 400 participantes nas roldas previas e polos seus profesores, as batallas dialécticas finais deron lugar a poemas que implicaban unha grande axilidade mental. Nalgunas probas os directores obrigaban a enlazar varias palabras, noutras daban o primeiro verso e noutras o cuarto e último. O xurado estaba integrado por catro persoeiros recoñecidos do mundo da música tradicional no Morrazo: O mestre gaiteiro Xavier Blanco, Guillerme Ignacio, Pili Gonçalves e Sara Malvido, da Banda de Gaitas Tromentelo. O instituto gañador levou de premio unha rosca de pan, mentres que os 20 alumnos que chegaron ás últimas quendas foron agasallados cunha palmeira de chocolate. O certame, que partiu da colaboración das concellerías de Normalización Lingüística de Bueu, Cangas e Moaña, buscou mellorar a axilidade mental e o desenvolvemento dos alumnos en galego dun xeito natural, así como vincular a lingua propia de Galicia ao lecer.

COMICON MOAÑA

O vindeiro venres, 12 de maio, celebrarase en Moaña o COMICON.

Para calquera información premede no seguinte enlace: Comicon

 

EXCURSIÓN 4º ESO - TOSCANA

Para acceder á información do itinerario, premede no seguinte enlace: Toscana

 A INTERNACIONALIDADE DO NOSO ALUMNADO

VIAXE A KAVALA

Durante a semana do 27 ao 31 de marzo, o grupo Saftas-Erasmus+ formado por cinco alumnos e as profesoras Palmira Calvar e Ángeles Pico, está de viaxe en Kavala-Grecia.

Enlace á noticia: Grecia

VIAXE A LONDRES

 

Nas mesmas datas, un grupo de 32 alumnos de 1º Bach., en compañia de Manolo Rúa, Ugo Costas e Beatriz Sixto, están realizando un viaje de estudios cultural a la capital británica. Nesta viaxe, aproveitaron para rendir unha homenaxe ás víctimas do último atentado na ponte de Westminster. Como anécdota en este acto, nuestro grupo  fue entrevistado por el periódico the Guardian.

Enlace á noticia: Londres

 

OBRA DE TEATRO EN INGLÉS

"PRIDE AND PREJUDICE"

O alumnado de 4º ESO máis o alumnado de 2º e 3º ESO da sección bilingüe, tiveron a oportunidade de asistir a unha representación teatral da obra "Pride and Prejudice", no auditorio de Cangas, o mércores 15 de marzo, promovida polo departamento de Inglés do noso centro.

 

CHARLA SOBRE A AVESPA VELUTINA

O luns, 13 de marzo, tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man as características da avespa velutina e como axudar a erradicala. A charla estivo dirixida ao alumnado de 1º Bach. 

 

OBRADOIRO DE PORTUGUÉS

Venres 10 de marzo

@s moz@s de 1º Bach asistiron aos obradoiros de achegamento á lusofonía na Biblioteca do Insti impartidos polo Quique Martíns e ofertados pola AGAL.

Foi unha iniciativa promovida polo EDNLinguaquetraba que tivo moi boa acollida. Tamén colaborou o Departamento de Galego e nomeadamente o seu profesor Moisés.

De feito @s 60 alumn@s comprobaron como con só mudar unhas cousiñas e atendendo a uns cantos trucos xa eran competentes para se defender en portugués e así acceder a ese basto mundo que abre a lusofonía. E todo de xeito freco e interactivo. Moito obrigado ao mestre.

 

ENTROIDO NAS BARXAS

O pasado venres 24 de febreiro celebramos o Festival de Entroido no que case a totalidade do alumnado participou nun concurso de charangas

 

 

 

 

 

 XORNADA DE ENTREGA DE DIPLOMAS AOS ALUMNOS TITORES DO TEI

 

  

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasbarxas/system/files/u62/IMG1.png

 

 http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasbarxas/system/files/u62/IMG4.pnghttp://www.edu.xunta.gal/centros/iesasbarxas/system/files/u62/IMG2.png

 

 http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasbarxas/system/files/u62/IMG3.png

 

PREMIOS PARA CURTAMETRAXES

No concurso "Curts Joves Promeses Instituts", das catro curtametraxes finalistas a nivel nacional, duas son obras do alumnado do IES As Barxas, baixo a tutela de Luz Beloso. as curtas escollidas son Cabelos de batalla e Ariadna.

Noraboa unha vez máis.

Enlaces de interese:

http://www.rewindfestival.es/programa/curts-competicio-joves-promeses/

https://educortos.blogspot.com.es/2017/02/somos-finalistas-no-rewind-festival.html?spref=tw

 

 VISITA AO PARQUE DO PASATEMPO EN BETANZOS - 4ºESO

 

 

 

ACTIVIDADES AUDIOVISUAIS

 O pasado luns 13 de febreiro tivemos a honra de estableceremos conexión co C.E.I.P. de Canosa en Coristanco-Coruña. Neste encontro virtual o noso alumnado falaron sobre a súa experiencia no mundo audiovisual desde "Cangarexo Films" cos nenos de 1º - 3º - 5º - 6º de Educación Primaria e 5º de Educación Infantil que fixeron preguntas moi interesantes , aínda que tivemos algún problema co son conseguimos realizar a conexión con éxito . Aprender entre iguais , trátase diso . Esta marabillosa iniciativa realizouse grazas a unha proposta de Diego López , e parte do marabilloso proxecto de biblioteca PDI "De espectadores a protagonistas"que se esta desenvolvendo no seu centro.

 O enlace é:

http://bibliocanosa.blogspot.com.es/2017/02/aprendemos-con-luz-beloso-e-o-seu.html#more

 

ACTIVIDADES DO ALUMNADO PERTENCENTE AO CLUBE MANGA

 

O alumando do IES As Barxas pertence o Clube Manga está convidado a asistir a exposición "De Castelao ao mañá: Unha ollada ao cómic galego", que terá lugar o vindeiro martes 21 de febreiro ás 12.30 horas. Acudirán na compañía dos profesores Eugenia Fdez e Ugo Costas.

 

 

PROXECTO SAFTAS - ERASMUS +

 

Durante a semana do 21 ao 28 de xaneiro, duas das nosas alumnas, Nerea Lareu e Isabel Cascante, acompañadas das profesores María e Palmira, e xunto con alumnado doutros seis paises europeos, participaron como xurado no Festival de Cine de Angers, en Francia. Entre as moitas actividades realizadas está a entrevista que lle fixeron o directos Costa-Gavras, quen presentou "Amén", na que critica á Igrexa por tolerar o exterminio xudeo.

 

 

 

 

  

 

 

 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN SOLDADOS DE TERRACOTA

O mércores 18 de xaneiro, o alumnado de 1º ESO asistiu en Vigo, á exposición Soldados de Terracota. Esta exposición está formada ppor un conxunto de 8000 figuras de guerreros e cabalos de Terracota a tamaño real.

 

 

 

 

VISITA MARCO- CINE

 

O xoves 19 de xaneiro, o alumnado Saftas- Erasmus+ xunto co alumnado de 3º ESO da sección bilingüe asistiu en Vigo á unha proxección da película "La La Land" e a unha exposición no MARCO.

 

 

 

 

 

PREMIO NACIONAL FUNDACIÓN GSD DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

 

Un ano máis, o noso centro foi premiado neste certame nacional de premios á innovación educativa.

 

Por una lado, obtivo o segundo premio o traballo "Alto, alto como una montaña", no que participan conxuntamente o  IES RIBEIRA DO LOURO (O PORRIÑO, PONTEVEDRA), VÍNCULO CENTRO DE ATENCIÓN TEMPRANA (MOAÑA-PONTEVEDRA), CEP SANTA MARIÑA (REDONDELA-PONTEVEDRA). Neste caso o xurado quixo destacar a sensibilidade coa que se afronta na educación do alumnado con autismo ca elaboración dun material propio e a implicación das familias, persoal dos Centros e outros profesionais.  Así mesmo, o proxecto "Superheroes e Seperheroinas", obtivo a primeira mención honorífica e o xurado destaca deste proxecto o desenvolvemento das capacidades personais e profesionais do alumnado a través da creación audiovisual en todas as etapas e abordando temas de gran calado social.

 

 Para máis información, premede no seguinte enlace: GSD Innova

 

 ERASMUS+. SAFTAS

 

 

O noso centro educativo é sede do proxecto Erasmus+/Saftas durante a semana do 6 ao 12 de novembro de 2016. Para consultar o programa de todas as actividades, premede no seguinte enlace.

 

Tríptico Saftas

 

O grupo Saftas despois da recepción no concello de Moaña, o luns 7 de novembro

 

As barxas nos medios

 

PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

 

O proxecto audiovisual que o departamento de Educación Plástica realizou o curso pasado, e que implicou a gran parte da comunidade educativa resultou premiado nos Premios á Innovación Educativa de SIMO Educación 2016, na modadlidade Mellores Experiencias TIC, categoría Mellor Proxecto TIC Audiovisual. 

 

 

 

Para visualizar o proxecto, premer no seguinte Enlace

 

 

NOVO PREMIO PARA O IES AS BARXAS

 

"Cabelos de batalla"

 

Mellor curtametraxe de escola no FICBUEU 2016

 

A nosa curta animada  'Cabelos de batalla' que trata sobre a dura loita contra o cancro infantil, realizada polos alumnos e alumnas de 4ºESO: Nerea Rosales, Manuel Escudeiro, Daniel Blanco, Lucía Freire, Diego Costa e Iria Portela en  Educación Plástica e Visual  para o proxecto SUPERHEROES & SUPERHEROÍNAS , con poema do escritor Miguel Ángel Alonso Diz e a voz de Inés Padín , acaba  de recibir o  premio  á "mellor curtametraxe de escola  " do prestixioso festival FICBUEU 2016.

 

Neste certame tamén estaba entre os traballos finalistas a curta "Latexos".

 

 

ENLACE CURTA

 

TEMPO DE SAMAIN 

No tempo de Samaín, o EDNL elaborou un video baixo o título de "Ensinando o medo", no que participaron varios profesores narrando as suas vivencias de "medo". Os convidados foron Fran, Ugo, Moncho, Moisés e Paco

 

Asi mesmo, tivemos un concurso de cabazas entre o alumnado de 2º ESO, cada vez máis impresionantes os seus traballos.

 

A LINGUA GALEGA, HISTORIA E DEREITOS LINGÜÍSTICOS

Durante a semana do 28 de novembro temos instalada unha exposición de 14 paneis sobre o idioma galego no recibidor do Instituto elaborada por Xan leira. O alumnado do centro irá pasando en grupos a vela e realizará as actividades que lles propoñen os seus profesores de galego.



Ademais o día 29 visitounos o documentalista Xan Leira e proxectou o documental Crónicas da Represión Lingüistica, no que amosa a prohibición exercida sobre a nosa lingua durante os anos que dura a dictadura franquista. Asistiron tódolos alumnos de bacharelato do Instituto e tamén intercambiaron preguntas e reflexións co autor ao remate do visionado. 

A actividade foi impulsada desde o Concello de Moaña e organizada polo EDNL do centro.

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Un ano máis, no noso centro celebramos o magosto coa degustación de castañas e a partcipación de alumnos e profesores nos xogos populares.

 

PROGRAMA DE EDUCACIÓN FINANCIERA

O IES As Barxas é un dos cinco centos centros de toda España que participa no programa de Educación Financiera Banco de España y CNMV. O pasado mércores 23 de novembro tres das alumnas participantes, Elena Currás, Alicia Pazos e Carmen Tobar, xunto coa súa profesora Mª José Soto, foron entrevistadas no programa de RNE "Las cuentas Claras".

Entrevista radiofónica

 

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

25 de novembro

 

No IES As Barxas comezamos a conmemorar esta data o mércores 23 de novembro cunha charla promovida desde o Concello e impartida pola traballadora social Pilar Díaz Burgos, baixo o titulo de " Concecuencias e pautas da abordaxe da violencia de xénero na mocidade".

Á charla estivo dirixida ao alumnado de 4º ESO dos institutos de Moaña, que estiveron receptivos en todo momento e aos que lles pareceu moi interesante, en parte, pola boa comunicadora que é Pilar.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer