ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

Filosofía

Velaí os enlaces aos videos sobre o problema dos plásticos que fixo o alumnado de Mar de Valores éticos. Preme sobre cada unha das imaxes e a ligazón conducirache a estes videos para tomar conciencia da amplitude deste problema. A montaxe fíxoa Leire González de 4º con moi bo resultado

 

 

Video2

Alumnado principalmente de 1º Bach de Filosofía realizou ás dúas horas da tarde unha práctica sobre aprendizaxe e condicionamento con un adestrador de cans organizada pola súa profe Mar

Velaí unhas imaxes

 

Temos no recibidor intalada a exposición sobre Compostaxe e Residuos que ven complementar as charlas sobre este mesmo tema que recibiu o alumnado de todo 1 e todo 2º da ESO impartidas polo biólogo Manuel Domínguez, de Revitaliza, a quen lle estamos moi agradecidos polo seu saber e dinamismo.

Distribuir contido