Extraescolares outros cursos

Exposición sobre materiais recollidos na beira do mar polos alumnos de 3ºD. A exposición consta de dúas partes, por unha banda, temos unha colección feita de restos de seres vivos, principalmente cunchas de moluscos, exposta en dúas vitrinas. E por outra, temos a exposición de materiais de refugallo, principalmente plásticos, latas e vidrios.

Nos paneis da exposición temos información sobre os distintos tipos de plásticos, a súa durabilidade no medio e os efectos que estes materiais provocan nos seres vivos do mar. Ademáis tamén recreamos nun acuario e puxemos información sobre as Illas de lixo presentes nos cinco océanos.

Por último, fixemos unha selección do lixo atopado e relacionado coas actividades pesqueiras e de marisqueo.

 

 

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, está a desenvolver unha nova convocatoria do Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. Este luns 19  estiveron no noso centro  impartindo un obradoiro para alumnos de 2º de ESO.

O programa non acaba co obradoiro senón que  está á nosa disposición unha serie de guias para pais, profesores e alumnos que, neste último caso son obxecto de traballo na titoría.

 

 

 

O centro Quérote+ de Vigo  impartíu  unha serie de obradoiros no noso Centro  sobre Educación Afectivo-sexual dirixidos ao alumnado de 3º de ESO. Os obradoiros, que se insertan dentro do Plan de Acción Titorial,  tiveron unha duración de dúas horas por grupo cunha excelente acollida por parte do alumnado.

 

 

 

Distribuir contido