Plástica

Moucho, non che teño medo

Unha nova animación realizada polos alumnos/as do obradoiro de Educación Plástica baseado no poema "Eu ben vin estar o moucho" (Cantares Galegos- Rosalía de Castro)

XEOMETRÍA ANIMADA

A xeometría non ten por que ser aburrida , neste traballo os alumnos de 3º ESO tiñan que realizar unha animación a partir dunha rede de tríángulos que podían acabar nunha metamorfose , dando renda solta á súa imaxinación, cada un realizou máis de 20 debuxos en papel vexetal ,un traballo en grupo onde a coordinación é fundamental. Este foi o resultado:

AUDIOVISUAL AS BARXAS EN CULTURGAL!!!

Luz Beloso Seso Durán participarán como ponentes en Culturgal (Feira das Industrias Culturais).  Falaran do seu traballo conxunto no fomento da creatividade artística entre o alumnado do noso Centro. O proxecto "AudioVisual As Barxas" recibiu xa varios premios polo uso e experimentación con recursos musicais e da linguaxe cinematográfica e a búsqueda de novas formas de expresión e creación  (ver máis)

Reinterpretando "Mata Mua"

Unha nova creación de Audiovisual As Barxas. Os alumnos de debuxo de 1º de Bacharelato debían realizar unha interpretación animada da coñecida obra de Gauguin "MATA MUA".  E esta é a reinterpretación ANIMADA, unha mistura de stop motion, ilustración dixital e animación 2d, espero que vos guste.

INTERPRETANDO " MATA MUA" from edu plastica on Vimeo.

INTERPRETANDO AS MENINAS

Luz Beloso está realizando en 2º de bacharelato unha experiencia de interpretación da obra das Meninas utilizando diversas técnicas.A esperiencia foi recollida no blog de Experiencias 2.0 do Espazo Abalar. (ver máis)

meninas from edu plastica on Vimeo.

Educortos premiado no concurso "CreArte"

Unha vez máis a nosa compañeira Luz sobe ao podio. Despois dos innumerables galardóns recibidos o ano pasado, comeza este curso sendo gañadora do premio "CreArte", convocado polo Ministerio de Cultura. É un recoñecemento máis ao seu innovador método de ensino na materia de Educación Plástica e Visual, promovendo actividades creadoras cos alumnos a través da linguaxe cinematrográfica. Parabéns para a nosa compañeira. Máis información. (unha mostra do seu traballo)

"The Barxas Club": os protagonistas.

O mércores 15 de xuño tivo lugar no salón de actos do Centro a presentación da película "The Barxas Club", protagonizada e producida por un grupo de alumnos de 4º ESO, baixo a coordinación da profesora de plática Luz Beloso. (máis información)

 

O blog de plástica, 4º premio do "V premio Espiral Edublogs 2011"

 A asociación Espiral é un colectivo de profesores e profesoras interesados na promoción e aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación na Educación. O premio Espiral Edublogs é un dos eventos con máis repercusión na blogsfera xa que moitos profesores e profesoras, presentan os seus blogs e mostran as súas propostas didácticas coas das TIC onas aulas.
O premio supón por tanto un escaparate que mostra as múltiples posibilidades que ofrecen os blogs na aula. Cada un dos premiados recibe unha peonza, símbolo deste premio, que representa a enerxía coa que pretemndemos impregnar o mundo da web 2.0

 

 

O blog http://edu-plastica.blogspot.com/ acadou o 4º premio na categoria Blog de alumnos da ESO V premio Espiral EDUBLOGS 2011, Este blog nace o 22 de maio de 2008. É un espacio de contido educativo que recolle a actividade da aula-taller de plástica do noso centro. Creado por e para os alumnos, que cos seus traballos son quen o manteñen con vida.

 

http://educortos.blogspot.com/ foi finalista na categoría Blog de profesores e profesoras. Este blog é unha experiencia educativa na que se utilizan os recursos da linguaxe cinematográfica na educación plástica e visual, posibilitando así que os alumnos abran vías de experimentación, buscando novas formas de expresión e creación a través das novas tecnoloxías. Colaborando, como sempre, con outros departamentos dende unha didáctica interdisciplinar e transversal.

Dende aquí a norabóa aos nosos alumnos de plástica e á súa profesora Luz.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer