LIBROS DE TEXTO

 

FONDO LIBROS/VALES DE MATERIAL

Xa se poden consultar as listaxes provisionais do Fondo de Libros 2018/19 no recibidor do centro.
Os  vales de materal de 1º ESO e do alumnado que aprobou todo o curso en xuño poden recollelos na Secretaría/Conserxería do centro do 18 ó 31 de xullo, en horario e 9:00h a 14:00h.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018/19

Para acceder ao listado de libros de texto para o vindeiro curso 2018/19, premede no seguinte enlace: Libros de texto

Recomendamos non comprar os libros de texto ata saber se teñen ou non fondo de libros (e cales lle corresponden) e tamén falar cos profesores a comezo de curso.

O alumnado que teña libros de préstamo para a convocatoria de setembro terá que devolvelos o día que veñan a recoller as notas. 

 

 CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Para acceder á nota informativa, consulta o seguinte enlace: Información

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019.

Información no seguinte enlace: Fondo solidario

Para descargar a solicitude:

Anexos I e II do procedemento ED330B relativos ao fondo solidario de libros de texto, axudas para libros e axudas para material escolar para o curso 2018/2019

Enlace para descargar a solicitude: Solicitude

  

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer