ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

As Barxas nos Premios Princesa de Asturias

AS BARXAS VIAXA AOS PREMIOS PRINCESA DE ASTURIAS

Durante os dias 20, 21 e 22 de outubro, as alumnas Jessica Miranda, María Piñeiro e Nuria Souto, viaxaron a Oviedo acompañadas pola profesora Paloma Pérez e invitadas pola Fundación Princesa de Asturias por ter quedado finalistas no concurso Te veo en 3´, no que se presentaron cun traballo sobre Frank Ghery tuteladas pola profesora Luz Beloso.Na súa estancia participaron en actos con premiados como Leonardo Padura, premio das Letras, Emilio Lledó, premio da Comunicación e Francis F. Coppola, premio das Artes. Tamén tiveron a oportunidade de visitar as instalacións da Fundación, onde foron recibidas por Teresa Sanjurjo, a súa directora, visitar o Centro Neymeyer en Avilés e a sede da TPA en Gijón.

Durante eses dias compartiron experiencias con outros tres centros do noso país, procedentes de Palma de Mallorca, Almería e Asturias.

Toda unha experiencia!