Recoñecemento para o proxecto "Porque un libro es una obra de arte"

O proxecto "Porque un libro es una obra de arte" está entre os 12 finalistas do Premio Escuelas para la Sociedad Digital 2015, que outorga a Fundación Telefónica.

Como finalista, este proxecto xa está premiado cunha cuantía de mil euros, que hai que invertir na mellora e fortalecemento do proxecto.

Dende agora, entra nunha nova fase de avaliación para optar ao 1º e 2º premio.

Noraboa aos compañeiros e alumnos que  fixesteis posible este proxecto e moitas grazas polo voso traballo e adicación.