En galego, con toda a frescura

O Instituto As Barxas participa na campaña:En galego, con toda a frescurapromovida dende o Servizo de Normalización do Concello.

Varios grupos de alumno@s da ESO, tanto de primeiro coma de terceiro foron os protagonistas da campaña, axudados polas súas profesoras Lorena Pérez, Iria Collazo e Matilde Llano.

Esta consistiu en contactar con Supermercados e tendas, e recoller o  léxico dos produtos frescos que ofertan. Despois correxiron e clasificaron as palabras na aula e traballaron os seus significados. Este material entregóuselle ao Concello que editou unhas listas da compra cos nomes dos alimentos no noso idioma.

Os rapaces quedaron satisfeitos co resultado e participaron na presentación pública da campaña no Mercado de Moaña o día 29 de maio repartindo as listas entre os postos e os clientes. Tamén levarán este material aos Supermercados e Tendas colaboradores nos vindeiros días.

(ver prensa)