ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

XVIII Mostra de Teatro. Representacións

Durante os días 28, 29 e 30 de Abril DE 2014, o IES As Barxas acolleu a XVIII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo.

O luns 28 actúaron os grupos de teatro do IES As Barxas e do Colexio Eduardo Pondal. Crónica do dia:

 O martes 29 representaron os grupos de teatro do IES María Soliño e do IES Rodeira. Crónica do día:

O mércores 30 representou o grupo de teatro do IES Johan Carballeira. Todos os anos actúan ademáis dos grupos de teatro dos centros do Morrazo un grupo invitado. Este ano o grupo invitado foi 100 Tolas, de Coruña. Representou a obra: "Quéreme ben". Obra coa que tratan de denunciar os malos tratos. Despois da representación tivo lugar un foro no que o público trataba de refacer a historia para evitar o comportamento "machista" do protagonista. Aqui vos deixamos a crónica do día:

Dende aquí felicitar aos actores e actrices que participaron nas obras e aos seus profesores. Auténticos profesionales do teatro. Agradecer tamén aos profesores do noso Centro, aos alumnos e conserxes a súa colaboración. Un agradecemento especial aos profesores e alumnos de plástica, a Pilo e as alumnas que me axudaron na organización, unhas estupendas azafatas de 1º de bacharelato.

Unha instantánea do trofeo elaborado polos nosos alumnos de plástica e que se entregou na Mostra a cada un dos grupos participantes

  

 (máis sobre a Mostra)