XVIII Mostra de Teatro

O noso Centro acolle durante os días 28, 29 e 30 de abril a XVIII Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. Participan na Mostra o IES Johan Carballeira (Bueu), IES María Soliño (Cangas), IES Rodeira (Cangas), Colexio Eduardo Pondal (Cangas), IES As Barxas e virá como convidado o grupo "100 Tolas" de Coruña. Representaránse dúas obras diariamente ás que asistirán como público os alumnos dos Centros participantes así como alumnos do Juan XXIII (Cangas).

Os nosos alumnos de plástica fixeron un gran traballo decorando o Centro. Dende aquí agradecerlles o enorme esforzo realizado e felicitálos polo seu traballo. Tamén a eles debemos a elaboración dos trofeos que se entregarán aos grupos participantes. Agradecer tamén ao profesorado e persoal do Centro a súa colaboración e comprensión ante a situación irregular que provoca este tipo de eventos e sin os cales os alumnos non poderían haber feito este traballo.

(Ir á páxina Web da Mostra)

 

 

 

Saftas.Erasmus+

Audiovisual Barxas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer