ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25

O  prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.

Máis información  

A discográfica Virgin no IES As Barxas

Un grupo de alumnos de 2º ESO recibiu a visita de Philip Newell, cofundador da discográfica Virgin. Antes da visita de Newell, os alumnos indagaron sobre o seu pasado profesional e elaboraron un cuestionario para averiguar algúns puntos destacados da vida de este xenio do son (ver máis)