A Fundación Barrié financia o noso Proxecto "Productora Audiovisual"

A fundación Barrié, na convocatoria dos I proxectos educativos 2012-2013 de EducaBarrié, premiou o proxecto do noso centro "As Barxas emprende: Productora audiovisual".  Trátase dunha actividade interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora na Educación Secundaria, non solo co obxectivo de crear empresas, senón como unha actitude xeral ante a vida. Así, dende fai 4 anos, deseñamos distintas propostas didácticas e actividades puntuais dirixidas a crear e xestionar unha empresa durante o curso escolar, de forma que os estudiantes desenrolen as súas capacidades persoais e profesionais, chegando a ser eles mesmos.

Este curso, decidimos montar unha productora audiovisual para a realización de programas informativos, realizados totalmente por alumnos, nos que poidan expresar a súa visión sobre o mundo no que viven, realizando un informe sobre todo o ocurrido no noso entorno: mundo, nacional, rexional, local, centro... 

No proxecto participan 72 alumnos do "Taller de Iniciativas Emprendedoras" de 3º e 4º ESO, coordinados polos departamentos de Economía e Plástica. A profesora de Economía, M. José Soto dirixirá a área de creación e xestión empresarial mentras que a profesora de Plástica, Luz Beloso, dirixirá a área de producción audiovisual na que tamén colaboran outros 10 departamentos didácticos.   

O Faro de Vigo faise eco desta noticia: 

 

(ver máis)   

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer