ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25
O prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024/25 será entre o 1 e o 20 de marzo. O alumnado que xa está matriculado no noso centro non ten que presentar solicitude de admisión, xa que as súas prazas están reservadas para o seguinte curso sen necesidade de realizar ningún trámite.
NADAL 2021
Nas Barxas despedimos o ano con badaladas e lacasitos, organizamos un torneo de fútbol que vivimos con verdadeira paixón e gozamos dun concerto xenial grazas ao alumnado e profes de Música. Boas festas a toda a comunidade educativa, téndelas ben merecidas!