INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A ACTIVIDADE NON PRESENCIAL OS DÍAS NON LECTIVOS

Estimadas familias

Enviamos o enlace ao aviso que publicou a Consellería de Educación onte a noite, respecto ás “Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020”.

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus.

O centro permanecerá aberto, pero suspéndese a actividade lectiva presencial e todas as actividades complementarias e extraescolares, programas REFÓRZA-T, PRELIN e STEMBACH.

Para dar cumprimento a ditas medidas, o centro enviará ás familias, cada luns, as tarefas semanais a realizar polo alumnado, xunto coas instrucións pertinentes e a  forma de contacto diario co profesorado.

A forma oficial de envío é o ABALAR, Tokapp e a aula virtual, pero  se algunha familia non tivera medios telemáticos, contactaremos con ela para acordar como facerllo chegar.

Ante calquera dúbida ou necesidade de aclaración, podedes seguir en contacto co centro vía telefónica, correo electrónico, ou no propio centro.

Pregamos paciencia e comprensión ante unha situación excepcional para todos.

Grazas e un saúdo

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer