Para información das familias e dos/das propios interesados, mandamos un grupo de vínculos que nos poden axudar a utilizar as novas tecnoloxías de xeito responsable:
Báixate a aplicación gratuíta de móbil PROTÉGETE. Alí poderas informarte, contactar coa línea de axuda ou denunciar un caso que ti coñezas.
Comunicación coas familias mediante o móbil
Ademáis do método tradicional do sms, utilizamos unha nova maneira de comunicación coas familias: mensaxes por TokApp. Para que poidas recibir as mensaxes que che enviamos a través do TokApp, só tes que instalar GRATUITAMENTE no teu móbil a aplicación correspontente e que atoparás aquí.
Abalar Móbil
Co obxectivo de axilizar as comunicacións coas familias, dende o IES AS BARXAS, propoñémoslle aos PAIS/NAIS de alumnos que instalen nos seus teléfonos móbiles a aplicación ABALAR MÓBIL, coa que poderán recibir comunicación do centro de xeito máis inmediato (faltas de asistencia, xustificar as faltas de asistencia, faltas de conducta, concertar citas co titor/a e cualificación dos seus fillos)