CanSat nas Barxas

  O Club de Ciencia "CIENCIANASBARXAS" participa este curso no certame CanSat, organizado pola Axencia Espacial Europea (ESA).

 Un CanSat é unha simulación dun satélite real integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refrescos onde se deben introducir os principais subsistemas dun satélite de verdade, como alimentación eléctrica, sensores e un sistema de comunicacións. 

 O noso equipo composto polos seguintes membros: • Héctor Juncal Pérez

• Francisco Augusto Gonzalez Álvarez

• Aitor García Rosendo

• María Otero Currás

• Iker Casás Rodríguez

O equipo está a construir un CanSat e programándoo de xeito que cumpra unha serie de misións propostas pola organización. Unha vez asignadas as tarefas a cada un dos seus membros e organizado o grupo, nestes momentos o proxecto atópase en proceso de planificación e construción. A medida que avancemos co traballo irémosvos informando!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer