REUNIÓN COAS TITORAS/ES DA ESO O LUNS 21 ÁS 18:30

Desde o IES As Barxas convocamos ás nais e pais do noso alumnado a unha reunión informativa coas titoras/es das súas fillas/os o luns 21 ás 18:30 da tarde, na que se tratarán, entre outros, os seguintes temas:

-Presentación do titor/a, estrutura das clases, materias que se imparten e profesorado correspondente á súa clase.

-Normas de organización e funcionamento do noso centro educativo.

-Saídas e actividades propostas para este curso lectivo.

Rogámoslles que se absteñan de realizaren preguntas sobre o desenvolvemento académico das súas fillas/os de modo persoal para axilizarmos o transcurso da reunión. Pregámoslles que ese tipo de cuestións as formulen vostedes concertando unha cita na hora de titoría correspondente. Moitas grazas

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer