CICLO DE CHARLAS NOV@S INVESTIGADOR@S

Enviado por Anónimo o Ven, 27/09/2019 - 14:12

O vindeiro venres día 4 de outubro comeza o noso Ciclo de charlas de Nov@s Investigador@s cunha charla sobre "As matemáticas do noso mundo" para 1º da ESO. Serán charlas impartidas por mozos e mozas investigador@s en diversas áreas científicas que realizan o seu labor en galego. Porque en galego tamén se fai ciencia!