Extraescolares 17-18

 

ACTIVIDADE DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA 

 

O xoves, 22 de marzo, e para profundizar no tema do aprendizaxe, o adestrador Carlos Martínez Comesaña, despois dunha introducción sobre a natureza dos cans, ofreceu a todos os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato unha clase práctica sobre como ensinar habilidades aos cans mediante o condicionamento operante e o condicionamento instrumental.

 

 

      

 

 

ACTIVIDADE DO DEPERTAMENTO DE FRANCÉS

O mércores, 21 de marzo, no patio do noso centro tivemos unha actividade do departamento de Francés na que o alumnado que cursa dita asignatura en 1º Bacharelato e 3º ESO, participou conversando cun cociñeiro e elaborando crepes na foodtruck preparada para tal fin.

  

 

 

AS BARXAS CONMEMORA O 8 DE MARZO CUNHA EXPOSICIÓN DETRABALLOS DO ALUMNADO DE PLÁSTICA SOBRE AS AVOAS

 

 

O hall do noso centro xuntou o pasado venres 9 de marzo, a decenas de avoas do alumnado na inaguración da exposición "Avoas. Elas son a memoria do noso pobo". Aredor de cen estudantes de 1º e 3º de ESO, así como da aula de Debuxo Artístico de 2º de Bachillerato, retrataron durante os últimos meses ás suas avoas. Moitos dos retratos están acompañados de frases de homenaxe, como o de Naiara Currás, de 4º C, que pon a frase "Eres una persona con plata en el pelo y oro en el corazón"; ou Estela Sobral, de 3º A, que pon: "Coa vara que mides serás medida".

 

Alumnos de 1º de ESO explicando la exposición. // Gonzalo NúñezA la inauguración de las piezas acudieron abuelos y abuelas de los estudiantes. // Gonzalo NúñezLa imagen puede contener: 13 personas, personas sonriendo

 Con motivo da exposición, o alumnado de 1º ESO de "Plástica As Barxas" fixo un video basado no poema AVOA de Luis Chapela Bermúdez.

 Video AVOA

 

 VIAXE DO ALUMNADO DE 2º ESO A LEITARIEGOS

 Desde o dia 20 ao 23 de febreiro, o noso alumnado de 2º ESO está a disfrutar duns estupendos dias na neve.

 

 

 

 

15 DE FEBREIRO - DÍA DO CÁNCER INFANTIL

 

 

CHARLA CON EVA MEJUTO

 O pasado mércores 7 de febreiro recibimos no noso salón de actos á escritora Eva Mejuto, que veu falarnos sobre o seu proceso de escritura e sobre o seu último libro, 22 segundos, que lemos en 2º da ESO e nalgunha clase de 3º ESO. 22 segundos, que foi recentemente nominado ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil na Gala do Libro Galego,  trata sobre a historia de Álex, un rapaz transexual, e dos problemas de aceptación que atopa no seu entorno, derivados exclusivamente da súa identidade sexual. 

Pareceunos unha charla entretida e moi motivadora, e fíxonos reflexionar sobre a igualdade e o respecto aos demais. Eva respondeunos ás moitas preguntas que lle fixemos con moita amabilidade, e puidemos amosarlle os nosos diarios de lectura sobre o libro. Tamén a agasallamos cun cadro elaborado por Sara Meira, alumna de 3º ESO PMAR, ademais de co noso logotipo do centro. 

Agardamos volver contar pronto coa túa presenza, Eva, e desexámosche moita sorte na túa carreira literaria.  

CHARLA SIOPE

O 26  de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato, recibiu unha charla para a orientación universitaria. 

Esta charla para o alumnado de bacharelato tratou sobre como acceder á universidade, as titulacións que hai na universidade de Vigo, que ten tres campus universitarios, así de como escoller os estudos que máis se axustan as suas expectativas.

 

CHARLA CO GRUPO MUSICAL EZETAERRE

O 26  de febreiro, o alumnado de 3º e 4º ESO, xunto co alumnado do EDNL, participaron nunha charla co grupo  de Rap en galego, Ezetaerrre. Nesta charla, o alumnado formularon preguntas variadas sobre a súa traxectoria e a súa opinión sobre temas de actualidade como a situación do galego ou acensura.

Comprometidos e divertidos, rapearon sobre o escenario e as súas respostas produciron reflexións e risas.Agardamos volvelos a ver pronto!.

CONCERTOS DE JAZZ

O luns 19 de febreiro, o alumnado de Música de 1 Bach e 4º ESO tivo a oportunidade de asistir a un concerto de Jazz no noso centro promovido polo concello de Moaña.

 

 VISITA DE MANUEL ESTEBAN

 O martes, 16 de xaneiro, visitounos no clube de lectura Manuel Esteban. Antes de Nadal, lemos A ira dos mansos e naquel momento, por razóns de peso, non puido estar con nós. Pero quedou pendente de vir en canto puidese e cumpriu a súa palabra. Falounos de como se xestou a historia do libro, do seu fillo Antón, da súa experiencia como pai dun neno coa síndrome de Down, contounos a historia de alguén que quería viaxar a Roma e acabou descubrindo a beleza de Amsterdam...

 Falounos con sinceridade, sen artificios e estámoslle enormemente agradecidxs pola emoción que nos trasmitiu. Aprendemos con el, por se non o sabiamos xa de antes, que a literatura nace das feridas abertas.