blogue deiriacollazo

XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Onte 14 de novembro o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu ás Xornadas de Orientación Educativa en Cangas acompañados do profe Yago e de Charo, a nosa orientadora. Saíron encantadas/os!

15 de novembro. Día sen alcohol

Con motivo do Día mundial sen alcohol, o 15 de novembro, e coa mediación do Concello de Moaña, veu visitarnos o escritor Ángel Bouzas Varela para falarnos da súa dura experiencia e para doarnos xenerosamente cen exemplares da súa obra Del infierno al paraíso. 

Aí van algunhas fotiños!

 

CHARLA NOV@S INVESTIGADOR@S

O próximo venres 15 de novembro teremos unha nova palestra dos Nov@s Investigador@s, neste caso para 1º de Bacharelato. Será, coma sempre, á 3ª hora!

IMATXINA NA RÚA!!!

Moi ben o pasaron os alumnos/as acompañados/as de Débora, Paco e Natalia! Aí vai un enlace ás fotos: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasbarxas/galeria/displayimage.php?al...

IMATXINA NA RÚA!!!

O alumnado de primeiro e segundo de ESO do IES As Barxas segue preparándose para as mates na rúa.
Será este sábado 9 de novembro de 11.30h a 14.00h no centro comercial A Laxe. Animádevos a participar! 

Xa temos gañadoras/es do concurso de cabazas!!!

Aquí van algunhas das obras de arte que o alumnado de 1º e 2º lle entregou á súa profe Silvia. Parabéns aos gañadores/as!

Cúpulas recíprocas no IES As Barxas

 

O alumnado de 1eso prepárase para a actividade de Mates na rúa construíndo cúpulas recíprocas  cos patróns de Leonardo da Vinci. 

DÍAS NON LECTIVOS

Desde a dirección do IES As Barxas informamos que o día 31 de novembro é o Día do Ensino, polo que non haberá actividade lectiva, así como o venres 1 de novembro, Día de Todos os Santos.

Por outra banda, informamos de que o día elixido como non lectivo por todos os centros de Moaña é o 20 de marzo.

 

Atentamente,

A dirección do IES As Barxas

Saída ao Románico

O alumnado de 2º ESO foi coñecer mellor o Románico en Moaña de mans de Xacinto García Piñeiro, Manuel Uxío, a nosa querida compañeira Ángeles Pico e @s profes Silvia, Moisés, Natalia e Juan. Grazas a tod@s!

 

 

 

 

 

TORNEO DE XADREZ

O 5 e 6 de novembro o Club de Xadrez ten previsto celebrar un campionato no noso centro. Animádevos a participar!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer