Skip to Content

Informática

Departemento de Informática

Alumnado de Ciclos realiza a FCT no estranxeiro

01/04/2017 09:00
Etc/GMT+1

Este ano volvemos levar a cabo o proxecto Erasmus+ KA102 en Formación Profesional: a realización da formación en centros de traballo ( FCT) relacionados cos seus respectivos ciclos levarase a cabo no estranxeiro, e terá lugar desde o 3 de abril ata o 21 de xuño.

Consideramos prioritario que o noso alumnado se integre nos novos mercados laborais europeos e que poida pór en práctica os coñecementos específicos da súa especialidade nun contexto diferente ao cotián.

Este ano o programa desenvolverase en Portugal, concretamente en Lisboa. É o terceiro ano que realizamos as prácticas neste país veciño, dous en Lisboa e un en Madeira, con resultados óptimos. Non esquezamos o valor engadido para a comunidade dada a situación fronteiriza da nosa localidade e a posibilidade de abrirse un novo e amplo mercado laboral.

O alumnado seleccionado recibiu previamente formación cultural e lingüística coa profesora nativa Sonia Almeida.

As persoas seleccionadas para o programa son:

Mobilidades do alumnado de Ciclos Formativos

26/04/2016 08:00
24/06/2016 20:00
Etc/GMT+1

Este curso unha parte do alumnado de ciclos medios está a realizar parte das prácticas no estranxeiro. Trátase do Proxecto Europeo KA102, coordinado no noso centro por Teresa Álvarez.

Desde abril ata finais deste mes de xuño, Miriam Lechuga, Manuel Pereira, Borja Pérez e Emanuil Petrov realizarán parte da FCT en Terni (Italia), e Pablo Fernández, Adrián Álvarez, Brais Grandín e Alberto Dios, en Lisboa (Portugal).

 

Mobilidades do alumnado de Ciclos Formativos

Este é xa o cuarto ano consecutivo en que se efectúan mobilidades que incentivan a formación e o desenvolvemento persoal do noso alumnado de Ciclos Formativos. Durante este curso estanse a levar a cabo dous proxectos coordinados por Teresa Álvarez, a saber:

  • PROXECTO 2015-1-ES01-KA102-014662. Destino: Terni (Italia).
    Esta mobilidade iniciouse o 18 de marzo e finaliza o 15 de xuño de 2016, e nela están involucrados dous alumnos titulados do ciclo medio de Sistemas microinformáticos e redes, Felipe Villa e Fabiola Castro, e mais un titulado do ciclo medio de Electromecánica de vehículos, Isaac Rodríguez. Este alumnado realizará as prácticas en empresas de Terni, dentro da súa formación no marco de Erasmus +. 
  • PROXECTO: 2015-1-ES01-KA103-013372. Destino: Lisboa (Portugal).
    Esta mobilidade iniciouse este mes, o 1 de abril, e finaliza tamén o 30 de xuño, e nela participan dúas alumnas do ciclo superior de Administración e Finanzas, María Elena Llanes e Blanca Ana Aparicio. O obxectivo desta mobilidade é que estas alumnas cursen o módulo da FCT (Formación en Centros de Traballo) en Lisboa. 

Ambas as dúas son actuacións dirixidas a innovar e mellorar a calidade do ensino da Formación Profesional, reforzando a colaboración co sector produtivo.

Alumnado de ciclos realiza as prácticas no estranxeiro

24/03/2015 00:00
Etc/GMT+1

Durante estas últimas semanas fomos despendido ao alumnado de ciclos medios e superiores do IES A Sangriña que marchou realizar as súas prácticas noutros países europeos. Desta volta, Plymouth e Londres, en Reino Unido; Caserta, en Italia; e Lisboa, en Portugal serán os destinos.

Todas estas prácticas forman parte do proxectos KA 102, con 18 participantes, e KA 103, con 2 participantes.

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut