Por xentileza do noso compañeiro Ramón Delgado podemos acceder a páxina do instituto tecleando no navegador www.sangriña.es.
Dende fai pouco tempo, como moitos sabedes, o "ñ" foi incorporado como carácter para poder ser usado nas direccións de internet.
Ramón, con moita visión de futuro, enseguida que se poideron reservar direccións de dominios con "ñ", rexistrou sangriña.es.
Agora moi amablemente ofrecenos a posibilidade, cunha sinxela redirección, de estar visibles en internet co nome do noso instituto "con tódalas letras" (nunca mellor dito).
Podes facer a proba, a partir de agora teclea:
www.sangriña.es