Skip to Content

Extraescolares

Actividades que se realizan fora do ambito académico

Violencia cero

21/06/2017 11:05
21/06/2017 12:20
Etc/GMT+1

Onte, un grupo de 20 alumnas e alumnos de 2° de ESO asistiu ao acto organizado pola Deputación de Pontevedra, Concello da Guarda e Mulleres en acción "Violencia zero" , en contra da violencia de xénero.
O acto consistíu na realización por parte dunha recoñecida artista, de retratos dalgúns alumnos e alumnas voluntarios, que posteriormente eran desdebuxados, simbolizando a inexistencia de xéneros.

Contos do mundo

Contos do mundo é o título dun ilusionante proxecto levado a cabo este curso entre o CEIP e o IES A Sangriña e organizado polas respectivas Bibliotecas, do que vos levamos a falar estes últimos meses. Rapaces e rapazas do instituto convertéronse en contacontos e fixeron gozar ao alumnado do colexio, con relatos centrados en diversos países do mundo. Foi unha viaxe na que todos aprendemos, e que serviu para estreitar lazos entre estes centros irmáns.
Velaquí unha presentación que recolle os mellores momentos.

CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS ABAU 2017 IES A SANGRIÑA

17/06/2017 00:45
Etc/GMT+1

Publicadas as cualificacións provisionais da proba de avaliación de Bacharelato de acceso á universidade (ABAU).

Listas publicadas na páxina http://ciug.gal/

Parabéns ao alumnado e profesorado do IES A Sangriña.

Presentación do vídeo do proxecto URBAN ART

16/06/2017 12:00
Etc/GMT+1
O vindeiro venres, 16 de xuño terá lugar a presentación oficial do vídeo froito do proxecto URBAN ART que contará coa presencia de membros do Concello, profesorado e alumnado que colaborou en dito traballo. O profesorado implicado neste proxecto invita a toda a comunidade educativa a este evento que se celebrará no Salón de Actos no segundo recreo da mañá.

Xornadas de Medio Ambiente

14/06/2017 10:39
Etc/GMT+1

Distribuir contido


by Dr. Radut