Wubi é a mellor forma de familiarizarse con Linux dende Windows. É un instalador non oficial da distribución de Linux Ubuntu que permite a usuarios de Windows instalar o sistema operativo Linux coma se fora calquera outro programa así como desinstalalo en calquera momento. A instalación crea unha carpeta onde se colocan tódolos arquivos e crea tamén un arranque dual Windows-Ubuntu. Por suposto non necesita modificar as particións do disco duro.