O vindeiro 17 de setembro TODOS OS CURSOS de ESO, BACHARELATO, CICLOS FP, FPB e FP Dúal 2019-2020 do IES A SANGRIÑA celebrarán a súa presentación de 8:20 a 9:10 h nas aulas de referencia correspondentes coas súas titoras ou titores. De seguido, o horario e as clases desenvolveranse de xeito normal.
Prégase que se comproben ese día as listas do alumnado e os seus grupos correspondentes nos taboleiros ao efecto situados no vestíbulo do centro polo que se recomenda estar coa debida antelación. O profesorado do centro estará organizando esta acción.
O servizo de transporte escolar funcionará coas rutas e horarios habituais. Ao longo desa mañá do día 17, o Equipo Directivo celebrará no Salón de Actos do centro actos de acollida para os grupos de PRIMEIRO DA ESO e de PRIMEIRO DE BACHARELATO para o curso 2019-2020 (só alumnado) no seguinte horario:
- 1º ESO de 10:30 a 11:05 h.
- 1º BACHARELATO 13:10 a 14:00 h.
Durante os seguintes días desa primeira semana programaranse actos de acollida semellantes para os restantes grupos segundo programación a comunicar.
- ESA: Presentación cos respectivos titores/as o martes 17 ás 19:30 h.
- Bacharelato de PERSOAS ADULTAS: Presentación cos respectivos titores/as o martes 17 ás 16:30 h.
