Skip to Content

Orientación

OBRADOIRO SOBRE ACOSO ESCOLAR

O venres día 6 de abril a Dirección do centro e o Departamento de Orientación organizaron un obradoiro sobre o acoso escolar, dirixido ao alumnado de 1º ESO.
 
Tratase dunha actividade que se levou a cabo a través dos servizos sociais do concello, e foi impartida por Andrés Díaz García, psicólogo sanitario de Vigo.
 
Realizouse durante as dúas últimas horas da mañá, deixando os trinta minutos finais para que distintos grupos representasen diversas situacións de acoso.
 
O profesorado acompañante que asistiu foi todo aquel que tivo clase con eses grupos no horario indicado.

INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO Á ARMADA

O mércores da semana pasada, día 4 de abril, e dirixida ao alumnado de 4º ESO, levouse a cabo unha charla informativa sobre o acceso á armada, organizada polo Departamento de Orientación.
 
No centro estivo persoal da comandancia naval de Vigo, para expor ao alumnado que remata estes estudos, as formas de acceso e as posibilidades de futuro que a armada lles ofrece tanto a nivel de formación académica como laboral.
 
A actividade tivo lugar no salón de actos do instituto, de 11:05 a 11:55, e foi impartida por Gonzalo Martínez, sarxento da comandancia de Vigo.
 
O profesorado implicado foi: Mónica, Toñi, María Traveso, Víctor Torreiro e Alfredo.

OBRADOIROS SOBRE EDUCACIÓN EMOCIONAL

Desde a semana pasada e ata a que vén, estaranse realizando uns obradoiros sobre educación emocional, organizados pola dirección do centro e o Departamento de Orientación.
 
Dirixidos ao alumnado de 2ºESO e levados a cabo en horas de titoría, están sendo impartidos por Karina Alonso, da asociación colaboradora ADABAS.
 
Estes obradoiros, de dúas sesións por grupo, teñen como obxectivo ensinarlles a recoñecer a manexar de maneira positiva as súas emocións.
 
 
 

Charla sobre a Universidade de Santiago de Compostela

09/03/2018 11:05
09/03/2018 11:55
Etc/GMT+1

Hoxe venres día 9 de marzo, tivo lugar no salón de actos do IES unha charla sobre a Universidade de Santiago de Compostela. Foi organizada polo Departamento de Orientación e levada a cabo polo profesor da USC Carlos Javier Álvarez, natural de A Guarda.

Esta actividade encádrase no programa "A ponte" entre os centros de secundaria e a USC. O obxectivo é acercar e dar a coñecer o que ofrece a universidade en canto a titulacións e outros servizos: residencias, cursos de idiomas, prácticas deportivas, bolsas, etc.

O profesorado implicado foi Juan Hermida, Valentín, Edita, Borja Santamarta, Manuel Vidal, Olga Costas e Rosa Domínguez. 

Distribuir contido


by Dr. Radut