Skip to Content

Concursos

QUEN DIXO MEDO?

No IES A Sangriña celebramos o Samaín co noso II Certame de contos de misterio e terror. O concurso está organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Bibliotrega Magdalena Garabatos. A participación está aberta a todos os alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e FP. 

Consulta as bases no arquivo adxunto.

CONCURSO DE NADAL

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere que o alumnado da Sangriña celebre o Nadal da maneira máis artística. Para iso, convocamos un concurso no que debuxar o Apalpador, o personaxe protagonista do Nadal galego, e ademais, as persoas participantes tamén poderán escoller crear a imaxe da Apalpadora. O premio consistirá nun vale de 30€ en material de debuxo, libros ou material escolar.

Os orixinais deberán enviarse por correo electrónico, antes do 10 de xaneiro, a asangrinha.edlg@gmail.com

I CONCURSO MERENDA SAUDABLE

Bases no documento adxunto.

II Concurso de Fotografía Matemática

O Departamento de Matemáticas convoca un ano máis o Concurso de Fotografía Matemática, para celebrar o Día de π, que non podía ser outro día máis ca o 14 de marzo.

O concurso está aberto ata o día 28 de febreiro; tendes as bases no arquivo adxunto.

Animádevos a participar!

Distribuir contido


by Dr. Radut