Skip to Content

Convocatorias oficiais

CONVOCATORIA BOLSAS ERASMUS+

PROXECTO KA121 – 000011279

Solicitantes:

Profesorado e persoal administrativo do IES A Sangriña.

Bolsas:

  • 2 bolsas participando como observador/a nun centro homólogo ou empresa. Duración 5 días.
  • 2 bolsas para realizar un curso de formación. Duración 7 días.

As mobilidades efectuaranse antes do 30 de xuño de 2022.

Lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse na secretaría do IES A Sangriña 10 de febreiro de 2022.

Documentación que se debe achegar coa solicitude:

  • Carta de motivación.
  • Programa de traballo ou programa do curso.
  • Fotocopia o DNI. 

Máis información na documentación adxunta.

 

CONVOCATORIA CLAUSTRO ORDINARIO IES A SANGRIÑA MARTES 22 DE SETEMBRO

Adxúntase convocatoria Claustro Ordinario IES A Sangriña. Martes 22 de setembro.

SESIÓN EXTRAORDINARIA CCP IES A SANGRIÑA DO 10 SETEMBRO PARA REPARTO CARGA LECTIVA DOS DEPARTAMENTOS

 

 Convócase Sesión Extraordinaria da CCP para o xoves 10 de setembro de 10:30 a 11:00 hrs. no Salón de Actos do centro na que será entregada ás xefaturas dos departamentos a carga lectiva para cada departamento correspondente ao próximo curso 2020-21.

Unha vez finalizada a CCP, os Departamentos reuniranse ao fin de proceder ao reparto da devandita carga lectiva entre os seus integrantes.

Entrega de notas de setembro, libros e CCP

Avisos varios de setembro:

Entrega de notas de setembro: realizarase por vía telemática (Abalar e correo electrónico) o xoves, 3 de setembro pola tarde.

Devolución de libros de texto das matérias pendentes para setembro (libros da Xunta e da ANPA): venres 4 de setembro no seguinte horario:

  • 10:00 - 10:45 1º ESO
  • 10:45 - 11:30 2º ESO
  • 11:30 - 12:15 3º ESO
  • 12:15 - 13.00 4º ESO

CCP e claustro: Próxima convocatoria de CCP (e posterior reunión dos departamentos para a elección de horarios individuais) en data pendente de confirmación que comunicaremos en canto nos sexa posible.

Distribuir contido


by Dr. Radut