Skip to Content

Proxecto Interdisciplinar

O acuario segue recibindo visitantes

O acuario do Centro recibíu esta semana novos visitantes procedentes do intermareal do Portecelo.

Aproveitando a baixamar do mércores 15 de febreiro (15:51) fomos visitar o intermareal de Portecelo onde puidemos comprobar o elevado índice de biodiversidade e incluso unha especie invasora como o bisón. En concreto recollemos estrelas de mar, algún cangrexo, camaróns e algúns peixes de rocha.

Visítaos no acuario. 

Materiais do Proxecto Interdisciplinar de 1º ESO

As titoras e o titor dos grupos de 1º de ESO están
traballando a bo ritmo no PI. Xa hai materiais elaborados. No mes de febreiro o
traballo centrarase nos oficios tradicionais relacionados coa pesca na nosa
costa.

Algúns enlaces de interés:

Gamela de A Guarda

O mar como espazo didáctico

Dentro dos Contratos Programa e seguindo a liña de traballar os contidos para acadar a excelencia,
un grupo de 32 alumnos da ESO estudan o ecosistema mariño como unha vía de profundizar nos contidos e procedementos científicos. Á súa vez, os alumnos de
1º de ESO adican o Proxecto Interdisciplinar deste ano a estudar a pesca.

Distribuir contido


by Dr. Radut