Skip to Content

ANPA

A ANPA e o IES poñen a disposición do centro 31 medidores de CO2.

Co fin de manter e controlar o mantemento das condicións sanitarias máis axeitadas desde o punto de vista da calidade do aire nas instalacións do centro, a ANPA e mais a Dirección do IES A Sangriña mercaron 31 medidores de concentración de CO2, temperatura e humidade destinados ao control da concentración de dióxido de carbono nas aulas para evitar posibles situacións de saturación que poñan en risco a seguridade sanitaria das persoas usuarias do centro. Os medidores estarán a disposición do profesorado en conserxería.

Segundo as recomendacións feitas chegar pola CCEU, CSIC e outros organismos e entidades, a concentración de CO2 tope a tolerar estaría nun rango de 550-600 ppm. Calquera medición por riba destes valores obrigaría a apertura máxima de fiestras (de non estar xa así) e, se isto non é suficiente, evacuaríase a aula ata rexistrar concentracións por debaixo do límite anterior.

Magosto 2019

O próximo venres día 22 de novembro, en colaboración coa ANPA, celebraremos o magosto coa xa tradicional festa que se realiza cada ano no noso instituto. Como vén sendo habitual, o equipo de automoción encargarase de asar un montón de castañas, organizaremos xogos populares para nos divertir e a festa será amenizada con música tradicional. Acabaremos de maneira moi doce con postres para a xente máis larpeira.

ANPA

A ANPA do IES A Sangriña informa:

Cota familia socios e socias: 18€. O abono faise na conta bancaria da ANPA.

Entréganse dous libros de texto por alumno ou alumna. A entrega de libros realizarase os días 25, 26 e 27 de 18:00h a 20:00h na aula ANPA.

Convocatoria de asemblea da ANPA

24/10/2014 20:30
Etc/GMT+1
A ANPA convoca a pais e nais do alumnado do noso centro a unha asemblea xeral ordinaria que se celebrará o vindeiro venres 24 de outubro de 2014 ás 20:30 h, en primeira convocatoria e ás 21:00 h en segunda convocatoria, no salón de actos do IES A Sangriña, coa orde do día que se detalla no arquivo adxunto.

Asemblea xeral da ANPA o próximo mércores, 18 de setembro.

18/09/2013 20:00
18/09/2013 21:30
Etc/GMT+2

Convocatoria de asemblea xeral da ANPA para o vindeiro mércores 18 de setembro de 2013, ás 20 horas no salón de actos.

Máis información no arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut