Skip to Content

Proxecto Abalar

Espazo Abalar. Guías para familias e profesores

No presente curso 2010-11 a Consellería de Educación puxo en marcha o “Espazo Abalar”
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/
Trátase dun sitio Web onde se facilita un servizo para as familias, profesores e un repositorio (almacén) de contidos educativos de libre acceso.
Para tódolos titores dos centros
Abalar (non só os de 1º da ESO), ofrece unha nova funcionalidade de comunicación coas familias, que permite enviar avisos, incidencias, concertar titorías, etc.
Os pais, nais ou responsables legais que dispoñan dun DNI dixital ou ben dun certificado dixital e se subscriban a este servizo, poden acceder ás cualificacións do seu fillo, faltas de asistencia, xustificar esas faltas, solicitar unha titoría, etc.
 
Nos ficheiros anexos explícase o funcionamento deste servizo tanto dende o punto de vista dos profesores como dos pais, os cales evidentemente están relacionados.

Documentos sobre as aulas Abalar

Nos seguintes arquivos adxuntos atoparedes información básica sobre os miniportátiles das aulas Abalar e sobre a normativa de uso dos mesmos.

Distribuir contido


by Dr. Radut