Skip to Content

Axenda 21 Escolar Galega

Destrozos no xardín de A21EG

O pasado xoves 5 de xuño o profesorado e alumnado de A21EG atopou o xardín no que estiveron traballando todo o curso pasado destrozado como se mostra nas seguintes fotos. As persoas que traballan en A21EG sufriron unha grande decepción. Cousas coma esta non deberían suceder nun centro educativo.

 

 

 

 

Premios II Concurso fotografía A21

 
 1º Premio: Miriam Carrera Fernández,  2º de Bacharelato C (diploma e cámara dixital)
 
 2º Premio: Sara Cabral Portela, 2º de Bacharelato D (diploma e MP4)
 
 3º Premio: Mélodi Rodríguez Lomba,  2º de Bacharelato C (diploma e MP3)

Visita a E.D.A.R de A Guarda

No día de hoxe, martes 24 de marzo, o alumnado de 1º ESO visitou a EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) do noso Concello. A actividade está organizada polo Seminario de Bioloxía-Xeoloxía e a A21EG, contando co asesoramento da empresa que leva a xestión da planta para o Concello.

A EDAR está pensada para unha poboación equivalente de 23.000 habitantes, para un caudal medio de 268,30 m3/h, podendo chegar a un caudal máximo de 644 m3/h. A depuradora consta de dúas liñas diferenciadas:

1ª. Liña de auga:

A auga residual que chega é sometida en primeiro lugar a un pretratamento para a eliminación das materias sólidas grosas e finas, da area e máis da graxa. Despois pasa ao biolóxico de aireación prolongada, caracterizado pola súa flexibilidade e baixo custo. A decantación é o seguente proceso, onde se consegue a clarificación da auga xa depurada. Por último a auga sométese á desinfección por raios ultravioleta.

2ª. Liña de lodo:

O lodo que se produce, recircúlase constantemente do decantador ao biolóxico. Os lodos en exceso envíanse ao espesador para sometelos a un acondicionamento químico que permita a súa centrifugación, e deste xeito que sexan aptos para o transporte (compost que se emprega como fertilizante).

Esta actividade, xunto con outras, sitúase na conmemoración do Día Internacional da auga, celebrado o pasado domingo 22.

Visita o Aqua Museu de Vila Nova de Cerveira

 

O pasado xoves, día 19 de febreiro, os compoñentes da AXENDA 21 ESCOLAR GALEGA (A21EG) do noso IES, dentro das súas actividades, visitaron o Aqua Museu de Vila Nova de Cerveira (Portugal).

A visita é unha das programadas durante o curso co obxectivo de coñecer o río Miño e o seu entorno (centro da actividade xeral do curso, e que terán continuidade coa visita a Ourense e a Melgaço). Como tal constou de dúas partes: a visita propia ao aqua museu e logo unha práctica  na recollida e estudo dos pequenos animais que viven no sedimento. Eso si, previamente disfrutamos da comida nesa zona privilexiada e do parque que teñen.

Información obtida do blog de Vïctor Gómez, coordinador de Axenda 21 Escolar Galega no IES A Sangriña

Aqui tendes unha foto da visita

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut