Skip to Content

O Atl. Novás en 2ª Nacional

Manuel Martínez Vicente, xogador do Atl. Novás e alumno do Instituto, fainos chegar unha nota na que nos comunica que o equipo territorial do Atl. Novás, acadou este fin de semán, o ascenso a 2ª división nacional. "Os rosaleiros chegaban a este partido como líderes e valíalles o empate, xa que a diferenza era dun punto respecto ao segundo clasificado, o Tirso Mosteiro de Poio, equipo ao que lograron vencer nesta última xornada da fase de ascenso (30-22)".

Tamén nos informa que o Atl. Guardés estaba obrigado a gañar para poder xogar a promoción e así o fixo impoñendose equipo de Viveiro polo resultado de 30-28. "Con este resultado o equipo rematou terceiro clasificado na fase de ascenso, posto que lle da dereito a xogar a promoción, que disputará nos dous próximos fin de semán fronte o Viña Costeira" .

Dende eiquí felicitamos tanto ao Atl. Novás como a o Atl. Guardés polos seus éxitos deportivos.


 

O Atl. Guardés de balonmano feminino en 1º división

Dende este espacio felicitamos ao equipo feminino do Atletico Guardés de balonmano polo ascenso a 1º división feminina conseguido este fin de semana.

FELICIDADES


 

Intercambio con Italia

Un ano máis os alumnos do I.E.S. A Sangriña farán un intercambio coa alumnos italianos da cidade de Terni. Os nosos alumnos sairán o vindeiro día 9 de Febreiro e votarán alí unha semá.

 

Mentres que os alumnos italianos virán do 20 ao 27 de Abril.

Itercambio con Italia

09/02/2007 13:02
16/02/2007 13:02
Etc/GMT

Un ano mais os alumnos do I.E.S. A Sangriña farán un intercambio cos alumnos italianos da cidade de Terni. Sairán o vindeiro día 9 de Febreiro pa votar alí unha semá. Mentres que os alumnos italianos viran do 20 ao 27 de Abril.

Videos da graveira de Salvatierra

Xa podes disfrutar dalguns videos da excursión á graveira de Salvatierra. Á cal foron os alumnos de 1º de Bach.

1ºVideo podes velo, premendo aquí.
2ºVideo podes velo, premendo aquí.
3ºVideo podes velo, premendo aquí.
4ºVideo podes velo, premendo aquí.

 

Para ver estes videos necesitas Quicktime® (podes baixalo dende aquí )[recomendado] ou windows media player® cos codecs adecuados.

Benvida

Benvido/a ao novo portal do IES A SANGRIÑA, dende agora mesmo un grupo de profesores e alumnos empezaremos a elaborar a páxina do centro, o noso escaparate en internet. Como este ano celebramos o 25 aniversario do instituto queremos tamén que sexa o comenzo da andaina do Instituto Virtual. Estás invitado a participar neste proxecto.

Recomendación para esta semana

Xa podes consultar a nova Diciopedia do Século21, recén chegada, sen estrear, en galego, con todos os contidos que che interesen...

Gañador do torneo

Á final do torneo chagaron os equipos All Star e D´Bute. Foi unyha final moi igualada pero o final gañou D´Bute.

Os compoñentes de ese equipo son:

  • Jose Manuel (Sefo)
  • Ivan Ávarez Senra (Chivan)
  • Roberto Gonzalez Lorenzo (Lanro)
  • Mauricio Villa Eiras (Mauiri)
  • Nicolás Andura Lomba (Niko)
  • Diego

NORABOA POR GAÑAR

Torneo de fútbol de nadal

O vinderio 21 de decembro celebrarase no instituto un torneo de fútbol que dará comezo as catro da tarde. Este torneo faise para pechar o ano facendo o que máis lle gusta a algunhas pesoas.

Os papeles cos nomes dos xogadores e do equipo entregáranse a:

  1. Asier López Álvarez. (1º de bacharelato)
  2. Oscar Pérez Portela. (2º de bacharelato)
  3. Víctor Franco. (ciclo de mecánica)

Os papeles deberán ser entregados antes do día 19 para poder axustar os nosos horarios cos que pide o centro.

Saúdos a todos e apuntadebos.

IES A Sangriña

IES A Sangriña
Paseo de Portugal 21
36780 - A Guarda (Pontevedra).
Teléfono: 886 110 060
Fax: 886 110 066
Correo electrónico: ies.sangrina@edu.xunta.es
Páxina en Facebook: https://www.facebook.com/ies.sangrina/ 
Distribuir contido


by Dr. Radut