Skip to Content

4ª Viaxe a Almagro

07/04/2015 07:00
11/04/2015 21:00
Etc/GMT+1

No pasado mes de abril cincuenta alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, acompañados polos profesores Isabel Rodríguez, Juanra Torres e Gisela González, realizaron unha viaxe cultural a Almagro, para asistir a unha reparesentación teatral no curral de comedias, único curral que se conservou intacto desde comezos do século XVII.

Nesta viaxe de cinco días, o alumnado ademais tivo oportunidade de asistir a outra representación teatral en Madrid, facer unha visita guiada por Toledo e outra por Córdoba, e coñecer o parque nacional Táboas de Daimiel.



event | by Dr. Radut