Skip to Content

REFORESTEMOS. Programa Voz Natura

Estrategia ReC, Reducir e Compensar a Pegada Ecolóxica

Durante o pasado curso académico 2010-2011, un grupo de traballo composto de Profesores do IES A Sangriña calcularon a Pegada Ecolóxica Corporativa do Centro. A partir dos datos de consumo de electricidade, papel, gasoleo de calefacción, mantemento do centro e mobilidade e empregando os índices conversores do Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático da ONU o cálculo da Pegada Ecolóxica permitíu estimar que o IES A Sangriña produce anualmente 652 toneladas de CO2, o principal gas causante do efecto invernadoiro. A mobilidade é a responsable da mayor parte destas emisións (77%).

Tendo en conta a cantidade de CO2 que o bosque galego-atlántico é capaz de absorber por unidade de superficie, a Pegada Ecolóxica do IES A Sangriña é de 104 hectáreas.

Á vista destes resultados definimos unha estrategia para reducir a Pegada Ecolóxica do Centro, denominámola Estratexia ReC, Reducción e Compensación das emisións.

A compensacións das emisións de CO2 lévase a cabo, polo momento, de dous xeitos. a) o xardín escolar, unha superficie de 3.000 m2 que permite absorber ó ano 2 toneladas de CO2. b) Participación no proxecto Voz Natura que contribúe ás accións de compensación das emisións de gases de efecto invernadoiro. En colaboración coa Comunidade de Montes en Man Común de S. Miguel de Tabagón do concello do Rosal, realizamos unha plantación de 120 árbores autóctonas (100 carballos e 20 castiñeiros). A superficie reforestada permitiranos calcular a cantidade de CO2 que absorberá ó cabo do ano.

A plantación das árbores levouse a cabo por alumnos do comité ambiental da Axenda 21 Escolar de Galicia, que levan traballando no Centro durante os últimos anos na mellora e conservación dos espazos comúns do Centro e alumnos do Centro S. Xerome, Avelaíña e CEIP A Sangriña, froito dun proxecto europeo, COMENIUS REGIO, de integración de personas con discapacidade intelectual e mental que se leva a cabo entre centros das rexións europeas do Baixo Miño e Règion Nord-Pas de Calais (Francia).



story | by Dr. Radut