O noso centro asistíu hoxe 23 de maio ao encontro celebrado no CIFP Valentín Paz Andrade no marco do Plan Conecta promovido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades o cal contou coa asistencia da Directora Xeral de FP, da Subdiretora Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sector Productivo e do Xefe Territorial da CCEFPU xunto co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra e representantes dos departamentos de recursos humanos de importantes empresas da contorna.
O obxectivo do Plan Conecta e dar a coñecer as novas posibilidades de colaboración que ofrece o novo marco da Formación Profesional na liña da integración do ensino profesional na empresa facendo especial fincapé na Formación Porfesional Dual e nas novas liñas de formación na empresa que abren as novas acreditacións de máster e especialista en FP.
O IES A SANGRIÑA ven desenvolvendo ciclos de Carrozaría da Formación Profesional Dual en empresas dende o ano 2018 sendo uns dos centros pioneiros na comarca en asentar esta modalidade de FP. Froito destes programas son os convenios asinados con importantes empresas da automoción do sur da provincia.