Skip to Content

I XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA

A vindeira semana terá lugar o ciclo de charlas que conforma a primeira edición das Xornadas de Memoria Histórica, organizadas conxuntamente pola Asociación de Memoria Histórica de Camposancos, o Concello da Guarda e o IES A Sangriña. Celebraranse en paralelo no instituto, en horario de mañá, para o noso alumnado, e na Casa dos Alonso, á tardiña, para o público interesado. Especialistas na materia da categoría do profesor Xesús Alonso Montero, José Ballesta, Beatriz Lis e Fernando Serrulla achegarannos a nosa historia recente, a dos días máis negros da nosa vila.


Preme na imaxe para ampliar. 

AdxuntoTamaño
I XORNADAS DE MEMORIA HISTORICA MARZO 2023.pdf684.98 KB


story | by Dr. Radut