Skip to Content

SEIS SEMANAS DAS NOSAS ALUMNAS DE 1º DE BACHARELATO NO BERNARD PALISSY DE AGEN (NOUVELLE-AQUITAINE, FRANCIA)

As nosas alumnas María Lima e Uxía Cividanes están a vivir desde a pasada semana unha experiencia de mobilidade que lles permitirá impregnarse da cultura e da lingua francesas durante un período de seis semanas no centro Bernard Palissy de Agen (Nouvelle-Aquitaine, Francia).

Están convivindo con cadansúa correspondente e as respectivas familias, e asistindo a clase no mesmo instituto ca elas. As fins de semana están aproveitando para coñecer aspectos e lugares desta zona sur de Francia, con cidades próximas coma Burdeos ou Toulouse. Esperamos que gocen moito desta estadía e que no seguinte trimestre, coa acollida das súas correspondentes no noso centro, poidan continuar a mellorar a súa comunicación e fluidez en francés.

Aprendede moito, rapazas!



story | by Dr. Radut