Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE AUSENCIA DO ALUMNADO MENOR DE IDADE DO IES A SANGRIÑA NO CASO DE AUSENCIA DO PROFESORADO

Os permisos para ausentarse do centro por parte do alumnado menor de idade en ausencia do profesorado presentan as seguintes características:
 
1. Só son concedidos ao alumnado dos seguintes cursos:
  • Ciclos de Grado Medio de Formación Profesional. 
  • Primeiro e Segundo de Formación Profesional Básica. 
  • Segundo curso de Bacharelato.
2. Para que o alumnado menor de idade dos citados grupos poida ausentarse do centro deberá presentar en Xefatura de Estudos a autorización asinada polos seus representantes legais segundo o modelo ao efecto existente no centro. A dita autorización deberá  presentarse actualizada para este curso 21-22 no caso de alumnos/as que a tiveran concedida do ano pasado.
3. O centro elaborará unha listaxe co alumnado menor de idade dos devanditos cursos autorizados polos seus representantes legais a ausentarse do centro no caso de ausencia de profesorado. Esta listaxe será cotexada en conserxería no momento de saída destes alumnos/as autorizados/as os cales deberán asignar a súa ausencia nun rexistro existente en conserxería para o dito fin.
 
4. O resto do alumnado menor de idade do centro, que non pertenza aos grupos arriba descritos, únicamente poderá sair do recinto escolar no caso que os seus responsables legais se persoen no centro.

As devanditas medidas son compatibles co disposto nas NOFC do IES A Sangriña e serán informadas ao Consello Escolar do Centro.

 
A Dirección. 


story | by Dr. Radut