Skip to Content

INFORMACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO INICIO CURSO 21-22

 


  Estimados/as membros da Comunidade Escolar do IES A Sangriña

  Chegados a este inicio de curso, cómpre facilitar a información necesaria para enmarcar, na súa xusta medida, as circunstancias que rodearon á planificación, por parte do Equipo Directivo do IES A Sangriña, do ano académico que xa empeza. 

  A penúltima semana de xullo a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, CCEU, comunica a este centro que, para o vindeiro curso o número de profesores/as será de 76. O centro contará así con5 profesores/as menos respecto a un curso "pre-covid" normal, é dicir, no ano anterior ao brote da pandemia o IES A Sangriña tiña un total de 81 profesores/as Se a este número engadimos a non previsión de envío de profesorado de reforzo Covid, que o pasado ano foi  de 3 profesores/as, resulta que contamos con 8 profesores menos respecto ao pasado curso 20-21.


 Este Equipo Directivo activou todos os mecanismos administrativos para revertir esta situación (solicitude de reposición do cupo precovid feita chegar ao Servizo de Inspección, á Xefatura Territorial da CCEU de Pontevedra e á Secretaría Xeral de Recursos Humanos da CCEU - día 26 de xullo- ). Ademáis do antedito, remitíuse solicitude de rectificación ao Servizo de Inspección e á Xefatura Territorial da CCEU á cal anexábase un informe detallando o número de matriculados e número de repetidores por curso logo de celebradas as avaliacións extraordinarias de setembro (enviada o 6 de setembro). A esta solicitude sumáronse decenas de conversas telefónicas mantidas por esta dirección co Xefe Territorial da CCEU en Pontevedra.

  Todas estas xestións foron infructuosas. Semellou abrirse un oco para a esperanza de rectificación coas adxudicacións de destinos provisionais de profesorado celebradas o mércores 8 de setembro, pero asemade esta esperanza tampouco prosperou.  

  Con estas circunstancias o vindeiro ano académico 21-22 preséntase no IES A Sangriña condicionado por tres marcados condicionantes negativas:

 1. Os  reforzos para á atención ao alumnado con dificultades nos procedementos das  materias instrumentais de matemáticas (1º, 2º da ESO) e lingua e literatura galega e castelá (1º, 2º, 3º) se ven claramente danados ao non dispor de profesorado suficiente para manter a atención a dito alumnado en grupos de reforzos específicos (os famosos reforzos) Ainda no caso de poder manter nalgunha das citadas materias algún reforzo, non sería co mesmo rango de calidade de anos anteriores. O profesorado de "reforzo" que a CCEU ofrece en medios e en foros varios, é profesorado pertencente a liñas PROA (4º ESO/ 2º FPB/1º de Bacharelato) e liñas ARCO (1º,2º,3º ESO e 1º FPB). Este profesorado, que xa viña actuando en cursos anteriores, é profesorado que só pode actuar dentro da aula en combinación e simultáneamente cun profesor/a de referencia e que ademáis, só estará dispoñible durante o primeiro trimestre e non a horario completo. Isto non responde ao que se entende por profesorado de liñas de reforzo para a atención á diversidade tal e como se deduce do Decreto 229/2011 do 7 de decembro polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

2- Dificúltase moitísimo a confección do cadrante de gardas do profesorado feito que complica sobremaneira o desplegue efectivo do Protocolo Covid que a CCEU recomenda observar.

3- Os programas de dinamización do centro  (por exemplo o CPInnova e CPInclúe-t - que traballan en actividades de igualdade, convivencia, educación emocional...-, as actividades complementarias, as actividades de normalización, etc) terían difícil compatibilidade co horario do profesorado encargado de desplegalos.

 

   ED está traballando, dende finais de xullo, cun alto grado de incerteza  planificando o inicio de curso, do cal tedes cumplida información neste mesmo medio na entrada Presentacións cursos IES A Sangriña 21-22 (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesasangrina/node/1597).

  Respecto a esta planificación, aproveitamos a ocasión  para informar con rotundidade que o horario xeral do centro voltará a ser o horario dun ano preCovid, isto é:

  1. Para ESO/Bacharelato/FPB: mañá de 08:20 a 14:00 hrs de luns a venres/ tarde de luns de 16:00 a 17:45 ( ata 18:30 FPB) 
  1. Para Ciclos de FP: mañá de 08:20 a 14:00 hrs de luns a venres/ tardes de luns e martes de 16:00 a 18:30 hrs. 
  1. Bacharelato Adultos e ESA. Tódalas tardes entre 16:30 a 22:10 hrs.

 

Todos estos datos son esenciais para que todos/as teñades cumprida información de cales son as difíciles circunstancias que envolven  o comezo deste curso 21-22.

 A todos/as solicitamos a vosa comprensión e axuda e a todos/as vós solicitamos colaboración. Estamos seguros de telo, e por iso dámosvos as nosas máis expresivas grazas.

Bo curso 21-22!!!!!

 

 

A Dirección

 



story | by Dr. Radut