Skip to Content

Proxecto KA102 - Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP

O pasado 14 de setembro concluíu o noso proxecto KA102 - Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP correspondente ao curso 2018/2019 que permitiu realizar prácticas formativas aos estudantes e períodos de observación aos docentes.

Neste curso 2018/2019 o IES A Sangriña modificou a súa oferta educativa, substituíu o CM de Carrocería ordinario por outro de persoas adultas na modalidade de FP Dual e impartiuse un curso de Capacitación Profesional de Nivel 2 de “Embellecemento e Decoración de Superficies de Vehículos”.

O programa desenvolveuse en Portugal, concretamente en Lisboa e Oporto. Dada a situación fronteiriza da nosa localidade, estas Mobilidades propician a posibilidade de abrir un novo e amplo mercado laboral, ademais de reforzar os vínculos entre Galicia e Portugal promovendo a circulación e o intercambio de traballadores e traballadoras entre as nosas comunidades.

O alumnado seleccionado recibiu previamente formación cultural e lingüística cunha profesora nativa. Realizáronse 6 Mobilidades de alumnado de ciclos medios, 2 Mobilidades de alumnado de FP básica, 4 de estudantes titulados do curso de Capacitación Profesional. Tamén 4 docentes realizaron un “Job shadowing” en centros de FP da zona de Lisboa.

Con estas Mobilidades afianzáronse as habilidades intelectuais, sociais, profesionais e interpersoais do profesorado e alumnado de Formación Profesional do IES A Sangriña da Garda complementando a súa formación e proporcionando ferramentas para a consecución dos seguintes obxectivos:

  • Creación dun novo vínculo cun centro de FP de Lisboa. Intercambiando experiencias, coñecementos e propiciando posibles acordos de colaboración futuros.
  • Potenciar do efecto multiplicador que exerce a experiencia internacional dos profesores e profesoras.
  • Ofrecer ao estudantado de ciclos formativos que non participa nos programas de Mobilidade o beneficio do coñecemento e a experiencia dos seus docentes.
  • Desenvolver habilidades interpersonais, sociais, pragmáticas e comunicativas de todas as persoas participantes.
  • Aproximación a realidades empresariais, culturais e conceptuais diferentes á contorna local.

A formación para o alumnado de Ciclos Medios desenvolveuse do 3 de abril ao 21 de xuño (80 días) coa realización de Formación en centros de traballo (FCT) relacionados cos seus respectivos ciclos. Os alumnos que realizaron as Mobilidades foron:

  • Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos: José Carlos Baz González, Raúl Castro Airas, Rubén Cortiñas Areas e Alfredo Fontiñas González.
  • Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes: Diego González Cerqueira e Adrián Núñez Martínez.

A formación para alumnos de FP Básica de Mantemento de Vehículos iniciouse o 23 de abril e estendeuse ata o 21 de xuño (60 días) para cursar a FCT. Os alumnos que realizaron as Mobilidades foron:

  • Miguel Eduardo Cardoso González e Jesús Durán Conde. Os alumnos de Curso de Capacitación Profesional de Nivel 2 de Embellecemento e Decoración de Superficies de Vehículos realizaron prácticas en Oporto do 15 de xullo ao 30 de agosto (47 días) complementando a súa formación unha vez titulados.

Os estudantes titulados que realizaron as Mobilidades foron:

  • Francisco Carreira Carreira, Fátima Cividanes Rodríguez, Brais Ribeiro Martínez e Mario Rodríguez Álvarez.

O Job shadowing dos docentes (5 días) cursouse en tres centros formativos de FP da rexión de Lisboa, participando:

  • Beatriz Couce Rodríguez, María Teresa Álvarez Rodríguez, Domingo Caldevilla Lago e Juan Carlos López Pazos.

O pasado 30 de setembro concluíu o proxecto KA103 -Mobilidade de Educación Superior que permitiu á alumna Daisy Fernández Busto realizar a FCT (90 días) dos seus estudos do Ciclo Superior de Administración e Finanzas nunha multinacional con sede en Lisboa.

Foi María Teresa Álvarez Rodríguez, profesora do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, quen que puxo en marcha os protocolos de execución de ambos proxectos, coordinado a Comisión de Mobilidade integrada polos titores dos estudantes participantes. Neste novo curso 2019/2020 o IES A Sangriña xestionará un proxecto KA116 - Mobilidade de Estudantes e Persoal de FP con Carta de Mobilidade de FP. Está prevista a participación de 10 estudantes e 4 docentes.

Como menciona o lema do proxecto ERASMUS+, seguimos enriquecendo vidas, abrindo mentes.



story | by Dr. Radut