O Departamento de Tecnoloxía organizou unha viaxe a Toulouse (Francia)
e á Cité de l'espace que tivo lugar dende o
xoves 22 de febreiro ata o domingo 25.
Nesta actividade participou o alumnado de 2º ESO (33 alumnos e alumnas
do centro + tres invitadas: Ana, Mariña e Aixa). O profesorado acompañante foi
Rosalina Domínguez Muíños, Pablo Varela Pardo e Javier Villaverde Vayá.
O xoves 22 de febreiro de madrugada sairon en autobús dende A Guarda
para chegar aos apartamentos en Toulouse cara as 22:30 da noite.
O venres realizaron a primeira visita, Aeroscopia, o museo aeronáutico de Blagnac e os hangares de
fabricación do Airbus 380.
Despois de xantar no centro comercial urbano de Blagnac, foron a
Toulouse para facer unha visita aos monumentos máis salientables da cidade: o
Capitole, a Igrexa de Saint Sernín e as beiras e pontes do río Garona.
A cea foi na Taverne Bavaroise, no centro de Toulouse, ámbolos dous días.
O sábado visitaron o obxectivo principal da viaxe, a Cité de l'espace, instalación adicada
íntegramente a mostrar a historia da carreira espacial e a conectar aos alumnos
coas últimas novidades das viaxes ao espazo.
O domingo 25 regresaron, parando a xantar preto
de Burgos e chegando á Guarda ás 22:30 da noite. Finalmente o luns de
volta a clase despois de vivir unha estupenda experiencia tecnolóxica, social e
persoal.
O alumnado participante realizou cinco actividades
para recadar fondos para pagar a viaxe:
*Venta de produtos navideños.
*Rifas dunha viaxe ás capitais europeas.
*Sorteo dunha viaxe a Cantabria (2 de maio).
*Sorteo dun lote de produtos da Comarca dos
Pirineos (nº premiado 994, non repartido, e novo sorteo realizado o día 1 de
marzo: novo nº premiado: 376).
*Sorteo de dúas tablets e un MP4 entre o
alumnado do instituto: números premiados nº4 (2ª reserva), nº 254 (1ª reserva),
nº 276 (tablet 2), nº283 (tablet 1) e nº 298 (MP4).
Grazas a todos por colaborar.
A información da organización da viaxe foi
recollida aquí, onde en breves publicarase un
pequeno vídeo, foto de grupo e unha enquisa para o alumnado participante.